Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Historia

6º O SÉCULO XIII

A principios de la centuria, Afonso VI de Galicia y IX de León funda en el Mar de Xuvia las villas de Ferrol y Neda, que se desenvuelven rápidamente, junto a una pequeña Graña que, donada por los "Petriz" al Cister, tenía en Brión el monasterio de Sobrado.

Dos netos do conde de Galicia don Pedro Froilaz (fillos de D. Bermudo Pérez e Tareixa Bermúdez): Froila Rodríguez e Aldena Núñez, Gonzalo Rodríguez e Berenguela, e o cruzado de Xerusalén D. Melendo Rodríguez, xurdirán en Trasancos unha serie de familias, orgullosas da súa liñaxe estritamente emparentadas entre si, na maioría dos casos ligadas a un topónimo: son os Ferrol, os Andrade; os Lago; os Piñeiro, os Tenreiro; os Esquío, os Baleeiro (Valerios), os Besteiro (Ballester) etc., conformándose así o mosaico da fidalguía local, unha das máis importantes de España, relacionada e reemparentada entre si a través dunha política matrimonial entre primos cruzados

O pouco éxito destas familias nas continuas reclamacións á coroa para recuperar os seus mosteiros de Pedroso e Xuvia, compénsano instalando nos ditos mosteiros dinastías de priores das súas familias. Por este procedemento, mediante contratos de foro a cambio de simbólicos canons anuais, reverte pouco a pouco ás mans destas casas fidalgas a enorme base territorial monástica de San Martiño e San Salvador.

Volver


<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal