Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Accións Formativas Programa Municipal de Formación
 

Destinatarios/as: empadroados/as en Narón, maiores de 18 anos. O requisito do empadroamento será verificado o último día do prazo de presentación de solicitudes e o da idade terá que cumprirse no primeiro día do curso. Ademais de:

  • Para os cursos con códigos 013/17 e 014/17, ser desempregado/a e estrar inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego ou demandante de mellora de emprego.
  • Para os cursos con códigos 015/17 e 016/17, ser xerente/autónomo dunha PEME do sector servizos, ou traballadores/as neste tipo de empresa.

Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello de Narón, de 8:30 a 13:00 horas.

Formulario de solicitudes: Dispoñible no Rexistro Xeral e na sección de servizos, formación e actividades municipais da páxina web do Concello. Na inscrición poderase indicar a orde de preferencia das accións formativas, poñendo primeiro e segundo. Só se poderán solicitar dous cursos, como máximo.

Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello de Narón, de 8:30 a 13 horas.

Prazo de solicitudes: desde o 6 de setembro ás 8:30 horas ao 13 de setembro de 2017, ás 13:00 horas.

Selección do alumnado: Por rigurosa orde de inscrición. Se lles comunicará telefonicamente a súa admisión como alumno/a cunha antelación mínima de 3 días naturais antes do inicio de cada curso, sempre que cumpran os requisitos de acceso. Ademais, publicarase no taboleiro de anuncios do Concello o listado de persoas admitidas, suplentes e excluídas.

Documentación a presentar, no caso de ser admitido/a: fotocopia do NIF (ou similar).
Para os cursos 013/17 e 014/17: fotocopia actualizada da tarxeta de demandante de emprego ou de mellora de emprego.
Para os cursos 015/17 e 016/17: fotocopia do informe de vida laboral e contrato de traballo actual (sendo empregado/a) ou fotocopias da declaración censual (modelos 036 ou 037) e informe de vida laboral (sendo xerente- autónomo/a).

Reservaranse tres prazas de derivación polo Servizo Sociocomunitario.De non cubrirse estas prazas, quedarían vacantes para ser cubertas a través das solicitudes rexistradas por orde de inscrición.

O alumnado seleccionado terá que comprometerse a cumprir as normas dos cursos.

O concello resérvase a posibilidade de anular estas accións formativas no caso de que non se cubra o 70% da participación prevista.

Información Servizo Sociocomunitario:

Ángela Lagoa: Teléfono: 981 337 700 ext. 1123.

Ámbito de inclusión tecnolóxica (480 horas)

Código Título Lugar Núm.alumnos/as Horas Horarios e datas previstas
013/17 OFIMÁTICA Aula Cemit (Xuvia) Máximo 12 200 Do 18 de setembro ao 30 de novembro. De L-V, de 9:30 a 13:30 horas. Quenda mañá
014/17 OFIMÁTICA Aula Cemit (Xuvia) Máximo 12 200 Do 18 de setembro ao 30 de novembro. De L-V, de 16:00 a 20:00 horas. Quenda tarde
015/17 Marketing en liña. Deseña e promociona a túa web. Aula Cemit (Xuvia) Máximo 12 40 Do 18 de setembro ao 6 de novembro. Os luns, mércores e xoves, de 20:00 a 22:00 horas. Tres días á semana.
016/17 Marketing en liña. Deseña e promociona a túa web. Aula Cemit (Xuvia) Máximo 12 40 Do 18 de setembro ao 28 de novembro. Os martes e venres, de 20:00 a 22:00 horas. Dous días á semana.

Días non lectivos: 12 e 13 de outubro. 1 e 23 de novembro

Contidos, curso OFIMÁTICA:

  • Sistema operativo, busca de información: internet/intranet e correo electrónico.
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos.
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo.
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais.
  • Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información

Contidos, curso Marketing en liña. Deseña e promocional a túa web:

  • Introducción ás TICs e utilización con fins comerciais .
  • Marketing dixital e marketing de contidos.
  • Páxinas web con WordPress.
  • Estratexia online para facer crecer o teu proxecto. Inbound marketing.
  • Publicidade en liña e fidelización.

Para a realización deste curso, sería necesario que o alumnado tivera coñecementos a nivel usuario do mundo de Internet; utilización de correo electrónico e de redes sociais como Facebook ou Google Plus.



Documentos
Instancia de Solicitude Tamaño: 153,00 KB Descarga

<<< Novembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal