Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Andainas
 

Obxectivos do programa

  • Ofrecerlles a posibilidade aos cidadáns de realizar práctica deportiva no contorno natural de Narón e arredores como maneira de adquirir hábitos saudables a través do sendeirismo que melloran o seu benestar social.
  • Contribuír a difundir os beneficios da alimentación sa e equilibrada que unida á práctica regular de actividade física, melloraran as medidas para conservar a saúde.
  • Erradicar o sedentarismo e a obesidade xerando hábitos saudables entre a poboación a través do exercicio físico dentro dun modelo de ocio responsable e respectuoso co medio ambiente.
  • Favorecer e estimular o interese e coñecemento do contorno natural da cidade e os seus arredores
  • Coñecer os beneficios derivados da pr´ctica do sendeirismo no medio natural

Recomendacións

  • Efectuar unha boa planificación de adestramento.
  • Bo descanso o día previo da andaina.
  • Non participar se sufriu algunha lesión ou enfermidade recentemente.
  • Ter un recoñecemento médico completo recente.
  • Recorda o importante do quentamento.
  • Levar a cabo unha dieta axeitada os días previos ás andainas.
  • Levar calzado axeitado para o tipo de actividade a desenvolver.

Beneficios

  • Mellora a circulación
  • Oxixena todo o teu corpo e todo o organismo
  • Queima toxinas e graxas excesivas
  • Fortalece as pernas
  • Exercita o corazón
  • Relaxa e libera tensións emocionais e musculares
  • Despexa a mente e fomenta a creatividade

Inscripcións

  • As inscricións realizaranse nas oficinas do Padroado de Deportes de Narón(estrada da Gándara 148), en horario de 09:00-13:00 horas e na conserxería do pavillón da Gándara de 16:30-18:30 horas.
  • Limite de prazas.
  • Non se autorizan nenos/as menores de 18 anos sen acompañamento do pai, nai ou titor/a.
  • Data límite para apuntarse será o mércores anterior á data da saída do mes correspondente.
  • A actividade soamente se suspenderá no caso de alerta laranxa ou vermella por parte dos servizos da AEMET(Axencia Estatal de Meteoroloxía).

Fai exercicio ao aire libre,popular, non competitivo e para todas as idades

Prezo 3 euros

CALENDARIO SAÍDAS:

Pídese que as persoas participantes se presenten no punto de saída 20 minutos antes do inicio.
  • Domingo 22 de novembro ás 10:00 horas
    7,5 km aprox. "Camiñando polos carrís bici"
  • Domingo 27 de decembro ás 10:00 horas
    11 Km aprox. "Pola ribeira de Xuvia"
  • Domingo 24 de xaneiro ás 10:00 horas
    16 Km aprox. "Polo camiño a Santo André de Teixido"
  • Domingo 21 de febreiro ás 10:00 horas
    15 Km aprox. "Pola marxe do río Xuvia"
  • Domingo 13 de marzo ás 10:00 horas
    13 Km aprox. "Ruta Maciñeira"
  • Domingo 24 de abril ás 09:30 horas
    17 Km aprox. "Os camiños milenarios do Val"
  • Domingo 22 de maio ás 09:00 horas
    25 Km aprox. "Coñecemos Narón",etapa 1
  • Domingo 26 de xuño ´s 09:00 horas
    25 Km aprox. "Coñecemos Narón",etapa 2
INSTANCIA DE INSCRIPCIÓN Tamaño: 69,2 KB
TRÍPTICO PONTE EN RUTA Tamaño: 4,2 MB

<<< Maio 2017 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal