Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
O nobelo do tempo en Narón
 

Temos infinidade de panxoliñas, adiviñas, cantos de berce, contos, lendas, refráns en lingua galega que acompañaron desde hai séculos aos galegos e galegas durante as xeiras de traballo, nos momentos de lecer en romarías e festas, nos xogos dos máis pequenos,... Forman parte da literatura popular galega que é unha das máis fermosas manifestacións da nosa cultura e que constitúe unha herdanza inestimable que debe seguir pasando de xeración en xeración, pois é un vehículo de transmisión da nosa lingua, das nosas crenzas, dos nosos costumes e da forma de vivir e de pensar dos nosos devanceiros.

Hoxe en día, a xente máis nova descoñece en gran medida este prezado e valiosísimo patrimonio cultural, por ese motivo a Concellaría de Educación, a través do Servizo de Normalización Lingüística, realizou unha recolleita en 2013 e 2014 de elementos propios da nosa cultura popular que plasmou no libro O nobelo do tempo en Narón, do que xa hai dúas publicacións.

O nobelo do tempo en Narón nace grazas á colaboración de moitos veciños e veciñas de Narón que quixeron contribuír poñendo o seu gran de area. Moitas desas persoas participan nas actividades do Centro Municipal Manuela Pérez Sequeiros, na Fundación Terra de Trasancos do Val, na Sociedade Cultural Areosa de Piñeiros ou na Asociación da Terceira Idade de Pedroso, mais tamén participou alumnado do CPR Ayala e do CPR Santiago Apóstol.

Queremos agradecerlle o seu labor a todas as persoas que participaron neste proxecto de recolleita e difusión da literatura popular galega pois coas súas achegas permiten que se poida conservar este tesouro e con el a nosa identidade como pobo, a nosa cultura e o noso idioma, e tamén que o poida coñecer a mocidade e divertirse con el. Moitas grazas por participar!!!

Por último, gustaríanos que todas aquelas persoas que coñezades algún conto, refrán adiviña, canto de berce, lenda, romance, canto de Nadal, rimas e xogos infantís, trabalinguas, coplas, enredos,... e que o queirades compartir poñédevos en contacto co Servizo de Normalización Lingüística a través do teléfono 981337700 (ext.1516), do correo electrónico a.pita@naron.es ou no 5º andar da Casa do Concello.

María del Carmen Espada Cortizas
Concelleira de Educación e Bibliotecas

Se queredes coñecer este sensacional traballo podedes descargar os libros aquí:

Descargar libros
O Nobelo do tempo en Narón I Tamaño: 672,6 KiB Descarga
O Nobelo do tempo en Narón II Tamaño: 15.4 MB Descarga

Consulta aquí o blog O nobelo do tempo en Narón no que está recollido gran parte do traballo do alumnado do Curso de Creación de Blogs, Curtas e Literatura Popular Galega: Do Conto ao Cine, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística en 2014. A partir do material recollido no libro O nobelo do tempo, e unha vez adquiridos coñecementos básicos en creación de curtas e blogs, este alumnado animouse a crear dúas curtas, Valor de día e Cada can que lamba o seu, curtas que podedes ver neste blog, así como fotos ou momentos das gravacións. Estas dúas curtas, ademais de partir de elementos da nosa literatura popular, son dous proxectos audiovisuais moi amenos e cos que o pasaredes moi ben e botaredes unhas risadas.


<<< Xu�o 2017 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal