Dende o Concello de Narón levamos anos traballando arreo para que a nosa lingua propia, o galego, se use con normalidade en todos os ámbitos. Sabemos que para que este obxectivo se cumpra aínda queda moito camiño por andar e moitos obstáculos que superar, pero cada paso conta. E entre os pasos dados podemos salientar que contamos cunha Ordenanza de normalización lingüística (aprobada en Pleno en 1989) e mais cun Servizo de Normalización Lingüística, indispensable no proceso de recuperación e dinamización da lingua galega.
A finalidade principal do Servizo de Normalización Lingüística pasa por incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal. Este departamento, á parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos. Entre as funcións que desenvolve atópanse as de dinamización, asesoramento e formación lingüística.
Este servizo foi creado en 2009 a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística. Dende a súa creación ata a actualidade o servizo percibiu diferentes achegas económicas para o seu mantemento por parte da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Se tes algunha dúbida sobre o funcionamento deste servizo ou desexas obter información adicional podes poñerte en contacto co SNL a través deste mail: a.pita@naron.es; ou ben por teléfono no número 981 33 77 00 (extensión 1516); ou dirixirte persoalmente á Casa do Concello (5ª planta).
|