Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Policía Local
 
Estrada de Cedeira, 10
15750 Narón
Tfno.: 981 38 17 00 - 092
Fax: 981 39 72 97

Horario:
    - Unidade Administrativa: de 8:30 a 13:30 horas
    - 092: Atención 24 horas
Concepto
 
Estructura e Organización
Ámbito territorial
 
Recursos humanos
Funcións
 
Recursos materiais
Funcións

A misión deste Corpo da Policía Local é a prestación ós veciños de toda.la a protección e colaboración necesarias, para que éstes-as poidan exercer con total libertade todo-los dereitos que lles recoñecen ás leis en vigor, así como a de desempeñar as funcións establecidas no artigo 53 da Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade:

  1. Protexer ás Autoridades da Corporación Local do Concello de Narón, vixiar e custodiar os edificios e instalacións municipais, así como os bens de uso público local. Esta función supón especialmente a prestación dos servicios seguintes:
    1. Protección do Alcalde, Tenientes de Alcalde e Concelleiros no exercicio das súas funcións de goberno e administración municipal.
    2. Protección dos funcionarios municipais na realización das dilixencias que forman parte da súa función.
    3. Cooperación á representación corporativa, acompañando ás autoridades municipais en cerimonias e ocasións solemnes, tales como recepcións, procesións, desfiles, festas e outras de análoga natureza
    4. Custodiar e vixiar os bens de dominio público e patrimoniais ou de propios de responsabilidade municipal.
      Constitúen bens ós efectos de custodia e vixilancia por parte da Policía Local:
      • Os de Dominio e Servicio público local, tales como Casa Consistorial, escolas, institutos, cemiterio, centros de saúde, elementos de transporte, piscinas e campos de deportes, e en xeral calesquera outros bens directa ou indirectamente destinados á prestación dos servicios públicos ou administrativos.
      • Os de Dominio e Uso público como son os camiños, rúas, paseos, parques, augas de fonte e estanque, pontes e demáis obras públicas de aproveitamento e utilización xeral cuia conservación e garda sexan competencia do Concello.
      • Os bens patrimoniais ou de propios obxecto de custodia e vixilancia que sendo de propiedade do municipio non estean destinados ó uso público nin afectados a algún servicio público e poidan constituir fontes de ingreso para o municipio.
  2. Ordear, sinalizar e dirixir o tráfico no casco urbán, cos medios a súa disposición e de acordo co establecido nas normas de circulación. Esta función implica especialmente:
    1. Velar polo cumprimento das disposicións contidas no Real Decreto Lexislativo 339/90 de 2 de marzo, e as súas disposicións Complementarias, Código da Circulación e na Ordenanza Municipal de Circulación, mediante indicacións ou, no seu caso, denunciando ós infractores e incluso adoptando, se as circunstancias o requiren, medidas de coerción previstas pola Lei.
    2. Control e informe da ordeación do tráfico.
    3. Vixilancia e informe da sinalización viaria.
    4. Prevención dos accidentes de tráfico.
    5. Manter despexada de obstáculos a vía pública.
    6. Suplir coa súa actuación as deficiencias e averías que se produzan nos elementos de sinalización vial.
    7. Regular a circulación rodada e peatonal ante aglomeracións de vehículos e persoas a fin de procurar un normal desenvolvemento do tráfico en condicións de seguridade.
    8. Informar ó público nestas materias.
    9. Colaborar nas campañas sobre educación vial, especialmente no ámbito escolar.
    10. Para o desenvolvemento das funcións de ordeación, regulación e sinalización, todos aqueles gabinetes e departamentos técnicos que sexan necesarios para optimizar a fluidez do tráfico en toda-las vías urbanas actuarán en coordinación coa Policía Local, sen prexuízo das atribucións que ostenta o Alcalde en canto á dirección do goberno e a administración municipal e á dirección, inspección e supervisión dos servicios municipais.
  3. Instruir atestados por accidentes de circulación dentro do casco e vías urbáns.
  4. Policía Administrativa, velando polo máis exacto cumprimento das Ordenanzas, Bandos e demáis disposicións do Concello de Narón, dentro do ámbito das súas competencias. En particular, exerceranse funcións de Policía Administrativa nas seguintes materias:
    1. Convivencia cidadá.
    2. Circulación e transportes.
    3. Disciplina urbanística.
    4. Protección do Medio Ambiente.
    5. Salubridade e Hixiene.
    6. Feiras e Mercados.
    7. Instrucción e cultura.
    8. Conservación e uso da vía pública.
    9. Actividades profesionais, comerciais e industriais.
    10. Protección, seguridade e defensa de persoas e bens.
    11. Turismo.
    12. Asistencia Social.
    13. Fiscal no ámbito da Hacienda Municipal e, nos casos que proceda, na Autonómica e Estatal.
    14. Alumeado público e telecomunicacións. Servicios de subministración de augas, limpeza viaria, de recollidas e tratamento de residuos, rede de sumidoiros e tratamento de augas residuais.
    15. Transporte público de viaxeiros.
    16. Cumprimento da escolaridade obrigatoria.
  5. A Policía Local de Narón, poderá tamén exercer funcións de policía administrativa de carácter estatal ou autonómico mediante a denuncia das infraccións pertinentes diante dos órganos competentes para a súa resolución
  6. Participar nas funcións de Policía Xudicial de conformidade có ordenamento xurídico, practicando cando fora necesario as primeiras dilixencias de prevención, dando conta de tales actuacións á Autoridade Xudicial e o Ministerio Fiscal, todo isto baixo os principios de cooperación e colaboración coas demáis Forzas e Corpos de Seguridade.
  7. A prestación de auxilio, nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando na forma prevista nas leis, na execución dos plans de Protección Civil.
  8. Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delictivos no marco de colaboración establecido na Xunta Local de Seguridade.
  9. Vixiar os espacios públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía da Comunidade Autónoma na protección das manifestacións e no mantemento da orde en grandes concentracións humanas cando sexan requeridos para tal fin.
  10. Cooperar na resolución dos conflictos privados, cando sexan requeridos.

Voltar ós Servicios Municipais


<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal