|
 |
Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) |
|
Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) |
Co obxectivo de darlle a difusión á cidadanía do novo servizo creado en 2015, intentarase resumir da mellor maneira os principais cometidos que se encadran dentro das funcións deste SPEIS.
| Dependencias |
SPEIS Narón
Polígono Río do Pozo - Avda. Bernardo Romero s/n
15540 Narón A Coruña
Telef. 112 - 080 - Centro de atención telefónica 981 390 000
Horario: 24 horas - 365 días
Horario de xefatura: 7:30 h - 14:30 h
Enderezos de correo:
speisxefatura@naron.es
speisintervencion@naron.es
speisprevencion@naron.es
| Concepto |
Servizo integral de xestión de emerxencias, con operatividade 24 horas durante todo o ano, cuxa función é a de xestionar as emerxencias que se produzan no termo municipal e, por conseguinte, as que afecten a bens e persoas residentes no propio termo municipal.
| Ambito de aplicación |
Os servizos de prevención, extinción de incendios e salvamento.
Os servizos de protección civil.
Aqueles outros asignados por Alcaldía.
| Funcións |
Partindo das funcións básicas que todo servizo de emerxencias debe ter (previsión, prevención, planificación, intervención e rehabilitación) dado o seu carácter integral, este servizo ten capacidade de xestión total baixo o prisma interdisciplinar do seu cadro de persoal. Atendendo a este punto e dado que este servizo tamén xestiona a protección civil municipal, existe capacidade real para xestión de emerxencias naturais, tecnolóxicas e todas aquelas que afecten tanto á poboación como aos espazos naturais do termo municipal.
Funcións propias do salvamento e rescate, a extinción de incendios en todas as súas vertentes, a atención de emerxencias baixo supostos climatolóxicos adversos, a xestión de eventos públicos baixo a directiva de protección civil e plans específicos e a xestión e planificación da autoprotección municipal.
| Estructura organizativa |
Servizo composto por tres escalas funcionais:
- Executivo co grao de inspector.
- Técnico cos graos de oficiais.
- Operativa cos graos de sarxentos, cabos e bombeiros-condutores.
- Persoal de apoio integrado por:
- Persoal de administración para a xestión administrativa e RRHH do servizo.
- Persoal de mantemento co grao de supervisión e revisión de equipos propios do servizo.
- Persoal de apoio para labores diarios.
| Recursos humanos |
O servizo posúe unha estrutura funcional composta por 23 efectivos distribuídos nas distintas escalas.
| Parque móbil |
Atendendo á tipoloxía de intervencións que este servizo debe atender, dispón das seguintes unidades operativas, todas elas dotadas cos materiais apropiados e específicos para acometer con seguirdade e eficacia os labores para os que están construídas:
- Vehículo de 1ª intervención (bomba urbana lixeira).
- Vehículo de 2ª intervención (bomba forestal lixeira).
- Vehículo de apoio hidráulico (bomba nutriz lixeira).
- Vehículo de apoio técnico e loxístico (vehículo de taller con dotación funcional multidisciplinar).
- Vehículo de rescate en altura operativa de 32 metros (autoescala extensible automática)
- Vehículo de rescate en altura operativa 20 metros e zonas de difícil accesibilidade (autoescala extensible automática).
- Vehículo de xestión e dirección de emerxencias (unidade de mando e xefatura).
- Vehículo de prevención e inspección (unidade vinculada ao servizo de prevención).
- 2 vehículos de xestión e protección civil (AVPC).
|      |
Voltar ós Servicios Municipais
|
|
<<< Xaneiro 2021 >>>
L | M | M | X | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
|