Escola de Participación Cidadá
A Escola de Participación Cidadá contempla varias liñas de traballo:
ATENCIÓN AO PÚBLICO: ASESORAMENTO A ASOCIACIÓNS
No asesoramento, realizamos encontros de traballo coas entidades para resolver dúbidas sobre a xestión interna e mellorar a organización:
- Mércores, xoves e venres de 9:30 a 13:30 horas, no baixo da Casa da Cultura.
- Fóra deste horario, con cita previa, contactando co teléfono 981 33 77 00 (extensión 1110) ou no correo: escoladeparticipacion@cidadania.coop
FORMACIÓN DIRIXIDA A CONCELLEIROS/AS
Obradoiros dirixidos aos cargos electos e persoal técnico, nos que teñen realizado un diagnóstico sobre a participación cidadá no municipio, establecendo liñas de acción prioritarias.
FORMACIÓN DIRIXIDA ASOCIACIÓNS
Grupos de formación con dinámicas participativas sobre diversos aspectos:
- Cómo organizar unha reunión ou asemblea eficientes e cun bo clima.
- Mellorar a comunicación da entidade, entre as persoas socias e dinamizar o barrio.
- Como establecer canles de interlocución co concello e outros niveis de colaboración con outras entidades á hora de elaborar proxectos.
REALIZACIÓN DE PLENOS ESCOLARES
Formación en democracia local e no funcionamento do concello, dirixida ao alumnado de secundaria, baixo o proxecto denominado ?Plenos Escolares?, en colaboración cos centros educativos, que realizarán dinámicas de debate nas aulas e expoñerán as demandas á corporación nunha sesión no salón de Plenos.
CONTINUACIÓN DOS CONSELLOS TERRITORIAIS
Existen 14 consellos territoriais, un por cada barrio e parroquia. Permitirán ás asociacións debater sobre as necesidades de cada barrio e de cada parroquia, xunto aos responsables políticos/as da corporación. Están conformados por entidades veciñais, culturais, deportivas, sociais, etc. da zona e concelleiros/as de cada grupo municipal. Neste momento, están representadas as seguintes asociacións; que están a actualizar os seus datos ao igual que os novos representantes dos grupos municipais en cada barrio:
ENTIDADES CIDADÁS NA ZONA RURAL
Parroquia |
Asociacións que forman parte (ademais dos representantes de cada grupo municipal en cada un dos consellos) |
O Val |
- AVV IRMANDIÑOS
- ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA EN FORMA
- ASOCIACIÓN CULTURAL E DE MULLERES ZARABANDA
- SOCIEDADE DEPORTIVA O VAL
- ASOC.NTRA.SRA. DE CHAMORRO
- FUNDACION TERRA DE TRASANCOS
|
San Mateo |
- AGRUPACIÓN VECIÑAL SAN MATEO
|
Castro |
- CCDR AIRIÑOS DE CASTRO
- AVV OS CRUCEIROS DE CASTRO
- CLUBE DEPORTIVO RIO DO POZO
- CLUB OLÍMPICO EL CASTRO
|
San Xiao |
|
Sedes |
- ANPA CRA DE NARÓN
- AVV ROSA DOS VENTOS
- ASOC. DE MULLERES RURAIS NOVA ALDEA
|
Pedroso |
- AVV VIRXE DA O PEDROSO
- SOC.CULT. E RECREATIVA A POMBIÑA
- ASOCIACIÓN 3ª IDADE SAN SALVADOR DE PEDROSO
|
Doso |
|
ENTIDADES CIDADÁS NA ZONA URBANA
Barrio |
Asociacións que forman parte (ademais dos representantes de cada grupo municipal en cada un dos consellos) |
Gándara |
- AVV GÁNDARA
- CLUB VOLEIBOL NARON VOLEA
- ANPA A BUXAINA
- ESCOLA KÁRATE DA GÁNDARA
- ANPA SANTIAGO APOSTOL
- ASOCIACIÓN CULTURAL NARÓN AMIGOS DEL ARTE
- AGRUPACIÓN DEPORTIVA DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL
- ASOCIACIÓN NARONESA ESGRIMA ANTIGA
|
O Alto |
- ASOCIACIÓN CULTURAL E ARTÍSTICA MESTURAS
- CNG MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
- ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS
- AVV O ALTO DO CASTAÑO
- AVV CHAFARÍS
- ASOCIACIÓN CULTURAL CELEUMA
- ONG LENA
- ASOCIACIÓN EMPRESARIAS DA COMARCA DE FERROLTERRA (AECOFE)
|
O Couto |
- A.VV COUTO
- FEDERACIÓN CORAL GALEGA - FECOGA
- CLUB DEPORTIVO LODAIRO
|
Santa Icía |
- CLUB TENIS DE MESA CIDADE DE NARÓN
- CLUB NARÓN TENIS DE MESA
- ASOCIACIÓN CULTURAL SIEIRO
- AVV VIRXE DO MAR
- AVV A SOLAINA-TRASANCOS
|
Piñeiros |
- SOCIEDADE CULTURAL AREOSA
- ASOCIACIÓN DE DIABÉTICOS DE FERROLTERRA
|
Freixeiro |
- ASOCIACIÓN CULTURAL FERRUM
- A.VV. VIRXE DE FÁTIMA DE FREIXEIRO
|
Xuvia |
- ASOCIACIÓN FERROLTERRA AMIGOS DO FERROCARRIL
- ANPA DO CEIP PONTE DE XUVIA
- ANPA "ACIBRO" COLEXIO JORGE JUAN DE XUVIA
- ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS SAN CLEMENTE
- ASOCIACIÓN TEATRAL O ATURUXO DE MELPÓNEME
- AVV ALTEA DE XUVIA
|
POSTA EN MARCHA DO CONSELLO XERAL DE PARTICIPACIÓN
Ademais do traballo por zonas, existirá outro órgano, o Consello Xeral de Participación, no que se tratarán asuntos que afecten a todo o territorio ou políticas e programas máis estratéxicas. Neste Consello estarán representados veciños/as a título particular, políticos/as e un membro de cada consello territorial.
Para seguir a actividade da Escola de Participación Cidadá: Páxina de Facebook: Narón Participa
Documentos |
Actualización do Regulamento de Participación Cidadá. |
Tamaño: 77,00 KB |
|
Regulamento de Participación Cidadá. |
Tamaño: 763,1 KB |
|
Borrador de Regulamento dos Centros Cívicos e Locais Sociais Municipais |
Tamaño: 107,00 KB |
|
Regulamento de Funcionamento dos Consellos Territoriais |
Tamaño:158,00 KB |
|
Directorio de actividades das entidades asociativas |
Tamaño:735,00 KB |
|
|