Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Historia

Os castros

Castro
Castro

En calquera parte de Galicia sobresaen os castros, que nas longas noites de inverno son motivo de moitas historias de arrepío que hoxe escoitamos a carón do lume das lareiras. Historias como a da Pena Molexa, que conta como un rei quedou petrificado xunto cos seus guerreiros, levantándose unha maldición na noite de San Xoán para que o pobo non esqueza que alí seguen para protexelo. Dos 52 castros existentes na terra de Trasancos, polo menos 13 están incluídos nas actuais terras de Narón.

O castro é a defensa dun asentamento completo que consiste, polo xeral, en arrós e gabias xunto a muros de terra, pedra e madeira. Das defensas depende a vida da comunidade, pois deben gardar os habitantes, o gando e as colleitas. Os 13 castros de Narón, que se atopan nun mal estado de conservación, son: o castro de Trasancos, de Castro, de Sequeiro, dos Bicás, da Ermida, da Pereiruga, de Bazón, de Eiravedra, do Petoural, da Revolta, de Quintá, de Vilasuso e da Pena Lopesa.

Pena Molexa
Pena Molexa

Volver


<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es