Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Comercio
 

O sector de servizos é tan importante para Narón coma o desenvolvemento industrial e os servizos sociais para a poboación. E o comercio en Narón vén de experimentar un pulo importantísimo dende comezos da década coa implantación de dúas grandes áreas comerciais, de servizos e lecer.

Dende finais de 2002 Narón conta cun dos mais grandes centros comerciais e de ocio de España: Odeón, situado no polígono da Gándara, conta con 14 salas de cine con capacidade para máis de 3.500 persoas, unha área de entretemento familiar con diversos establecementos de ocio infantil, a boleira más importante de Galicia, bares musicais e de copas., tendas deportivas, restaurantes, etc.

Centro Comercial
Centro Comercial

O centro, promovido por Construcións Odeón, está no proceso de finalización do hotel anexo ao centro comercial, que suporá unha ampliación cualitativa dos servizos.

Algunhas das principais empresas mundiais dedicadas ao lecer implantáronse dende o primeiro momento en Odeón, seguindo a estela da dinamización comercial e de servizos posta en marcha logo da apertura en 1999 do Narón Centro Comercial, nos baixos da Praza de Galicia.

Narón Centro Comercial ocupa unha superficie de 6.000 metros cadrados e aparcadoiro e nel asentáronse empresas de alimentación, locais de hostalería e diversos comercios.
Pero sería un erro falar do comercio en Narón referíndose tan só aos dous centros comerciais. No sector da alimentación, por exemplo, un gran número de almacéns maioristas establecéronse no municipio. Nomes como Alfre, Faus, Charros Salmantinos, Euro Cash, Udaco Codeal, Begano, Día ou Froiz ofrecen aos veciños un gran número de produtos e servizos alimentarios.
No contorno do Polígono das Lagoas e na Estrada de Castela localízanse unha serie de tendas dedicadas ao mundo do moble. Concentrado na área urbana de Xuvia-Freixeiro-Alto do Castiñeiro podemos atopar Layme, Hermida, Fembic, Mayvi, Pita, Gemi, Caype, O Ponto ou Freixeiro.
O Sector de comercialización de ferraxería en Ferrolterra ten tamén en Narón un dos seus maiores referentes: unha das empresas con maior facturación do concello, Sanesteban Castro, dedícase en gran parte á venda de máquinas, ferramentas, materiais de construción, ferramenta agrícola ou pezas de uso doméstico. Xunto a ela destacan Hnos. Pena, Martínez, Modesto Castro, El Metro, A. Torres e A Solaina. A última incorporación ao sector foi Bricoking, que pasa por ser o maior grupo galego da bricolaxe.
Xunto a todos estes hai que subliñar a existencia dun importante comercio minorista, que cobre a demanda da poboación do concello en diferentes ramas: confección, alimentación, librarías ou mercerías, e que se localizan principalmente nas zonas urbanas.


<<< Marzo 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal