Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Pazo da cultura
 
 Entrada principal Pazo da Cultura de Narón
 Entrada principal Pazo da Cultura de Narón

Logo da consolidación de Narón coma referente na xestión cultural pública en Galicia, o Concello de Narón, xunto co seu Padroado da Cultura, vén de inaugurar o novo Pazo da Cultura. O segundo maior auditorio de Galicia servirá de espazo de acollida de grandes eventos culturais á vez que sede da Escola Profesional de Teatro de Narón e das escolas de baile, música e danza do Padroado de Cultura. Pero ademais é capaz de acoller a meirande parte da programación cultural que ata hoxe se celebraba no Auditorio Municipal de Narón, que xa quedou pequeno co devir dos anos.

A organización interna do novo Pazo da Cultura responde a un edificio cultural dividido en espazos destinados a usos distintos aínda que relacionados entre si, coma son o espazo dedicado á escola de música, danza e teatro, outro para albergar exposicións, un grande espazo que corresponde ao teatro e, finalmente, o lugar onde se desenvolve a escena e as estancias de ensaio e camerinos, ademais de almacéns e outras instalacións propias dunha infraestrutura cultural coma esta.

O edificio está distribuído por zonas, asignando á Planta Soto maquinaria e instalacións por un lado, e aulas e salas de ensaio por outro. Na Planta Escena atópanse os almacéns, obradoiros e escena. Nas plantas Baixa, Primeira e Segunda sitúanse a Escola (con obradoiros, salas, secretaría e arquivos na planta Baixa, salas de ensaio, almacéns, vestiarios na Planta Primeira e aulas na Planta Segunda), a zona de Exposicións, que se desenvolven na Planta Baixa, o Edificio do Teatro (co patio de butacas, palcos, dous anfiteatros e outras instalacións coma salas de control e aseos), e por último o espazo que ocupa a Escena (onde atopamos camerinos na Planta Baixa e Primeira, almacéns e controis na Planta Segunda) .

O Pazo da Cultura de Narón foi inaugurado oficialmente o pasado 13 de decembro de 2008, polo anterior alcalde de Narón, Xoán Gato Díaz.


Interior
Interior
Maqueta
Maqueta
Situación
Situación
Soto
Soto
 
Escena
Escena
P. Baixa
P. Baixa
1ª Planta
1ª Planta
Vistas
Vistas
 
Alzado
Alzado
2ª Planta
2ª Planta

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal