Pazo-Convento de Baltar: construído como pazo no século XVI por gracia da derradeira marquesa de Lago-San Sadurniño,
converteuse en convento cando a nobre llelo doou aos frades claretianos. Da súa data de creación só conserva hoxe en día dous
grandes brasóns en cantería esculpida.
Dentro deste edificio cómpre destacar outros dous monumentos: a Capela do Sagrado Corazón, que ten un retablo preciosista,
e unha fonte de estilo barroco.
A última reconstrucción do seu interior data de 1914 e dela temos mostras como as abondosas fiestras cadradas, a balconada
ou os canzorros nos tellados.
POR ONDE IR
O paseo proposto consta dun percorrido que se pode iniciar na praia de Ponzos, próxima á igresa de San Martiño de Cobas,
subindo polas pistas firestais das ladeiras dos montes de Vilarquinte, aldea abandonada, ata cegar ó cume de A Lagoa (308 m.),
onde temos un excelente miradoiro natural, un punto xeodésico e mailas ruinas dun antigo cuartel militar. Recréase a vista nun
vasto panorama sobre a áspera costa atlántica, cos seus cantís, entre as pequenas e salvases praias. Nos últimos planos vémo-lo
inmenso areal de A Frouxeira e cara o interior o plácido val de Trasancos.
Seguindo por caminños, máis ou menos paralelos á costa, continuamos dende Vilarquente cara ó norte. Veremos algúns camiños
para baixar ás praias de Casal e Hortiña, ata divisármo-lo illote de Pena Lopesa, pegado á praia. Dirixirémonos entón ó interior
para acadar Vilasuso e Baltar, onde daremos por concluido o noso paseo, que cos seus 13 Km. Aproximados de percorrido puido ternos
ocupada unha xornada enteira de disfrute natural. Entre a Pena Lopesa e Baltar podemos ve-la Pena Molexa, fantástico penedo colocado
encol de enormes penas, que encerra curiosas lendas como a da doncela que se transforma durante a noite do solsticio de verán. Preto
dela está o castro de Vilasuso, que conserva os foxos e muros defensivos propios destas vivendas celtas.
En Baltar consérvase o Pazo do Mosteiro de Baltar, que só mantén da súa primitiva construcción do seculo XVI dúas grandes pedras
de armas. Posteriormente foi modificado, incluíndo a capela do Sagrado Corazón e unha fonte de estilo barroco. Cerca de Baltar
tamén témo-la casa medieval de Quintá e maila capela de Santa Margarida do seculo XVI.
|