Algúns lugares de interese:
Capela de O: nos tempos de seca sacábase a Virxe da O en procesión para conseguir que chovese. Malia que non
sempre o deu feito, froito da forte devoción popular construíuse esta sínxela capela na súa honra e creouse a romaxe
que aínda se mantén nos nosos días. Nos arredores da Capela da O atópanse a ponte de Chao e os muíños de Perfecto e Chao.
Igrexa de San Lourenzo de Doso:: unha vistosa bóveda de canón, do século XVI, recibe o visitante nesta igrexa
vella de San Lourenzo. Actualmente está medio ruinosa, pero elementos coma súa Torre do Campanario manteñen a beleza
deste modelo de igrexa parroquial galega.
Piscifactoría:: abandoada fai anos, a piscifactoría que se construíu xunto aos desaparecidos muíños de Fabián,
forma unha presa dunha beleza sobrecolledora.
Presa do Rei:: grandes árbores deitadas sobre a auga e corzos abeberando nas ribeiras do río Xuvia. Xunto a
esta paisaxe, a presa ofrece fermosas fervenzas, creadas no discorrer do río Grande cara á ría de Xuvia. A Presa do Rei
foi construída en tempos de Afonso XIII, para fornecerlle enerxía á Real Fábrica de moeda de Xuvia, e actualmente é un
dous lugares máis emblemáticos para os camiñantes que visitan Narón.
Muíño de Xuvia:: en 1858 era o principal muíño do país en capacidade de producción na súa clase. Recibía o
trigo en barcos do Báltico, de América e de Santander. Pero non acabou aí a súa contribución á economía da zona, e anos
máis tarde este muíño fariñeiro chegou a mover unha fábrica de papel, unha de tecidos e unha de laminados de cobre. A
posterior perda da súa importancia económica non lle restou nin un ápice da súa beleza, reflectida nunha fermosa presa,
recollida por un paseo de magnolios. A poucos metros desta fermosa estampa atópase o desaugadoiro do río Xuvia na ponte
dos Andrade, que serve como liña estremeira dos concellos de Narón e Neda.
|