Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Rutas Turísticas
 
RUTA DOS MUÍñOSVolverMapa
Muíño de Xubia
Muíño de Xubia
Saída: Muíño do Vento
Chegada: Muíño de Pielas
Lonxitude: 25 Km estimados
Duración: 8 horas
Interese: Paisaxístico-Arquitectónico-Etnográfico
Dificultade: Media
A través de 25 quilómetros percorremos gran parte do termo municipal, para descubrir polos seus vales os muíños do concello. Desde o muíño do Vento iremos combinando treitos de ribeira, camiños, pistas asfaltadas e estradas. O seu interese é basicamente arquitectónico, etnográfico e paisaxístico, con lugares claves de Narón, como a Presa do Rei ou o núcleo histórico de Xuvia.

Algúns lugares de interese:

Muíño de Vento: cando chegamos ao Pazo do Vento, atopámonos cun muíño circular, feito excepcional en Narón. É unha construcción amurallada, que xa carece de tellado e de maquinaria, pero que chama á visita pola súa peculiar distribución. Está formado por un conxunto de casona, muíños, alpendres, pombal e un pozo de cantería moi dimensionado, xunto a un hórreo de pilastras de cantería de máis de sete metros de longo.

Muíño de Amenadás:: seguindo o curso do río Freixeiro, atopamos o muíño de Amenadás, que aínda se mantén en funcionamento. Creada no século pasado, esta construcción recolle un adianto tecnolóxico de grande interese, os muíños de turbina, de moito aproveitamento das augas, pois se idearon para cursos de pouca auga.

Muíño das Aceas:: o muíño de mareas das Aceas foi unha das principais fábricas de fariñas de Galicia no século XIX, cando recibía o trigo desde Ucraína e América. Creado a finais do século XVIII, e promovido por unha sociedade de empresarios galegos e franceses, o edificio consta de represa, muíño, vivenda, almacéns e casa de recreo adosada, todo pechado cun muro de pedra. Esta Real Fábrica de fariñas é unha obra de grandes dimensións, que permite a entrada das mareas a través dunha comporta xiratoria e embalsa máis de 50.000 metros cúbicos de auga, enerxía dabondo para mover as grandes pedras moedoras de que dispón.

Muíño de Xuvia:: en 1858 era o principal muíño do país en capacidade de producción na súa clase. Recibía o trigo en barcos do Báltico, de América e de Santander. Pero non acabou aí a súa contribución á economía da zona, e anos máis tarde este muíño fariñeiro chegou a mover unha fábrica de papel, unha de tecidos e unha de laminados de cobre. A posterior perda da súa importancia económica non lle restou nin un ápice da súa beleza, reflectida nunha fermosa presa, recollida por un paseo de magnolios. A poucos metros desta fermosa estampa atópase o desaugadoiro do río Xuvia na ponte dos Andrade, que serve como liña estremeira dos concellos de Narón e Neda.

Presa do Rei:: grandes árbores deitadas sobre a auga e corzos abeberando nas ribeiras do río Xuvia. Xunto a esta paisaxe, a presa ofrece fermosas fervenzas, creadas no discorrer do río Grande cara á ría de Xuvia. A Presa do Rei foi construída en tempos de Afonso XIII, para fornecerlle enerxía á Real Fábrica de moeda de Xuvia, e actualmente é un dous lugares máis emblemáticos para os camiñantes que visitan Narón.

Muíño de Río de Pedroso
Muíño de Río de Pedroso
Muíño de mareas das Aceas
Muíño de mareas das Aceas
Acceso ó Muíño das Aceas
Acceso ó Muíño das Aceas

POR ONDE IR

A proposta ruta dos muiños, de longo percorrido, pode facerse en dous treitos. A saída proponse dende a estrada de Ferrol a Valdoviño, C-646. Case ó entar no municipio de Narón, no punto quilometrico 4,5, encontramos á beira do camiño os muros duna finca que recibe o nome de Muiño de Vento. O muiño, que carece de tellado e de maquinaria, está situado dentro das instalacións duha Casa Grande, que abrenguen casona, alpendres, ponbal, pozo e un hórreo de 7 m. de longo. A partir de aquí, alternando os camiños naturais con outros máis urbanizados podemos facer varios percorridos sequindo o curso de ríos e regatos, ata cegar a ver 7 dos máis de 35 muiños que se conservan en Narón: son muiños de vento, de río e de mareas, con diversas utilidades, dende a clásica moenda de gramíneas ata os industriais ou enerxéticos.

Seguindo o curso do río Freixeiro podemos ver na zona industrial os Muiños de Amenadás. É unha construcción do século XIX que utiliza muiños de turbina, propios para aproveitar ó máximo os pequenos acudáis. As bases do muiño son de perpiaños de granito. Na desembocadura do mesmo río Freixeiro está o grande Muiño de Mareas das Aceas. Unha comporta xiratoria permite o almacenamento de 50.000 m3 de auga na marea entrante, que permitirá o movemento das grandes pedras moedoras. Conastrúese a finais do século XVIII es consta, ademais de presa, de vivenda, almacéns e casa de recreo, cercado o conxunto por un alto muro de pedra. Foi considerado como Real Fábrica de Fariñas en el moíase trigo traido de terras lonxanas como Ucrania e América.

Na desembocadura do río Grande de Xuvia está o muiño e complexo hidráulico de Xuvia, que ademais de ser muiño fariñeiro serviu para proporcionar enerxía o conxunto industrial que se desenvolveu no seu entorno: fábricas de tecidos, papel e laminados de cobre. A construcción da ponte sobre a desembocadura do río atribúese os Andrade, aínda que foi modificado posteriormente. Remontando agora o curso das augas visitarémo-los muiños que xa coñecemos no paseo po lo río Grande de Xuvia.


VolverMapa


<<< Setembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
15
16
17
20
22
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
 
 
Concello de Narón - Aviso legal