POR DONDE IR
Podemos comenzar este recorrido, partindo do adro do mosteiro de O Couto, onde verémolos sinais do camiño vello de Teixido.
Subiremos en dirección de A Picota ata ve-lo acceso a un monte onde verémo-los foxos e muros defensivos do castro do Petouzal,
que acadan nalgúns segmentos os 5 m e 10 m de profundidade e altura respectivamente. Logo atravesando o Muiño das Aceas,
dirixirémonos o castro de Narón ou de Sequeiro, que ten un recinto oavalado de 140-120 m de eixes, ocupado con varios cultivas,
parte da muralla e un antecastro no que crece un prado. Din as lendas que está comunicado por túneles submarinos cun Pazo dos
Mouros, en Pena Ferreira, preto da poboación de Castro.
Baixando de Sequeiro cara Narón, encontrarémo-la estrada de Os Vicás, que pasa preto do castro deste nome e mais adiante
do de Revolta. O castro de Os Vicás é moi sinxelo, de forma ovoidal cuns 100 m de eixe mayor e unha abertura practicada
modernamente ó SE. Un pouco mais pequeño, pera tamén de forma ovoidal é o castro de A Revolta, cuberto de Bosque e cortado
por un camiño de carro polo norte. Continuando nesta dirección chegaremos a Sedes, parroquia que se estende na ladeira
occidental do castro de Eiravedra, que ofrece dende moi lonxe a típica silueta dos castros galegos. Ten forma ovalada con
dous circuitos concéntricos de 130 e 140 m., o interior con muralla e o exterior con terraplén. Ten dúas entradas modernas
e vestixios dalgunha vivenda circular. Sobre este castro conta unha lenda que querendo casar unha parella, o pai dela non
llo permitía, amenazándoa con encantala e levala á croa do castro ó sair unha galiña cos seus poliños dando voltas arredor
do castro. A xove quedou convertida nunha grande e fea cobra. Para desencantala o noivo debería darlle un bico e aínda que
lle costaba facelo por fin se decidiu. Entón a serpe converteuse nunha fermosa muller espida.
Dirixíndonos pola AC-112 a San Sadurniño, pasamos pola poboación de Pedroso. Ó norte de este lugar, na aba do Monte dos
Nenos, está o castro de Pereiruga, menos definido cós anteriores, preto da aldea de Pereiruga de Abaixo, onde se conserva
un conxunto de típicas casas rurais galegas. Ó sur do poboado de Mosteiro (Pedroso) veremos por fin, moy preto da ermida
da Virxe da O, sobre un outeiro amesetado, o castro de A Ernida. En realidade e xa pouco o que se pode adivinar do castro,
sobre o que se trazou unha estrada e se edificaron instalacións deportivas.
|