Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Rutas Turísticas

RUTA DA RÍA DE XUVIA

Muíño das Aceas
Muíño das Aceas

Saída: Mosteiro de S. Martiño de Xuvia. O Couto

Chegada: Ancoradeiro de Lóngaras

Lonxitude: 14 Km

Duración: 5 horas

Interese: Paisaxístico-Arquitectónico-Etnográfico

Dificultade: Baixa

A ría de Xuvia ofrece un percorrido de perfil chan e baixa dificultade nos seus 14 quilómetros. A súa única limitación preséntana os camiños estreitos da ribeira e as zonas pedrosas. Con este itinerario rodéase o fondo da ría e a súa zona marismal. Partindo desde a ribeira do concello de Neda, atravesaremos o casal do Salto ou o mosteiro do Couto, ata chegar ao ancoradoiro de Lóngaras, punto final do percorrido.

Algúns lugares de interese:

Mosteiro do Couto: aínda que non se coñece a súa orixe, nalgúns documentos do século X este mosteiro cluniacense de Xuvia cítase como moi antigo. Xa por esa época era un dos máis importantes da comarca. A edificación do actual mosteiro do Couto é obra de comezos do século XII, mercé a unha dozaón do conde de Traba realizada en 1137. Entre os seus grandes protectores hai que salientar o rei Fernando II de Galicia e León.Xunto ao mosteiro, que está declarado monumento artístico nacional polo Ministerio de Cultura, atópase a igrexa de San Martiño, cunha construcción actual que data do século XII, se ben a súa fachada e a torre son do século XVIII. A igrexa representa un estilo arquitectónico propio dentro do románico galego. Ten tres ábsidas que culminan unha planta basilical de tres naves e unha porta principal con arquivoltas. No seu interior existe unha tumba da familia Esquío e varios cadaleitos de cantería no seu contorno.

Ría de Xubia
Ría de Xubia

Muíño das Aceas:: o muíño de mareas das Aceas foi unha das principais fábricas de fariñas de Galicia no século XIX, cando recibía o trigo desde Ucraína e América. Creado a finais do século XVIII, e promovido por unha sociedade de empresarios galegos e franceses, o edificio consta de represa, muíño, vivenda, almacéns e casa de recreo adosada, todo pechado cun muro de pedra. Esta Real Fábrica de fariñas é unha obra de grandes dimensións, que permite a entrada das mareas a través dunha comporta xiratoria e embalsa máis de 50.000 metros cúbicos de auga, enerxía dabondo para mover as grandes pedras moedoras de que dispón.

Magnolio centenario:: único magnolio desta idade que se conserva en Galicia, calcúlanselle máis de 300 anos. Situado á beira da desembocadura do río Xuvia, posiblemente a súa orixe proveña dalgún mariñeiro local ou dun emigrante que no seu día trouxo esta árbore como algo exótico tralas súas viaxes. Xunto a el destaca un paseo de magnolios, estes si, algo máis novos.

Muíño de Xuvia:: en 1858 era o principal muíño do país en capacidade de producción na súa clase. Recibía o trigo en barcos do Báltico, de América e de Santander. Pero non acabou aí a súa contribución á economía da zona, e anos máis tarde este muíño fariñeiro chegou a mover unha fábrica de papel, unha de tecidos e unha de laminados de cobre. A posterior perda da súa importancia económica non lle restou nin un ápice da súa beleza, reflectida nunha fermosa presa, recollida por un paseo de magnolios. A poucos metros desta fermosa estampa atópase o desaugadoiro do río Xuvia na ponte dos Andrade, que serve como liña estremeira dos concellos de Narón e Neda.

Puente ferrioviarioa
Puente ferrioviario


<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal