POR ONDE IR
Comezamos este recorrido en Baltar, na estrada C-546, de Ferrol a Valdoviño, por Meirás. Alí, en Baltar podemonos achegar
por unha pista hata o pazo, agora convento, de Baltar. Continuando po la carreteira C-646 en dirección a Ferrol, o chegar o
límite do noso municipio, volvemos ve-lo pazo de Muíño do Vento. O edificio principal ten, ademais doutros detalles
arquitectónicos interesantes, unha grande escalinata de pedra e unha típica lareira. O pombal, acomodado como merendeiro
e tamén unha singular peza de desta mansión.
De pasarmos á estrada de Freixeiro Valdoviño-Cedeira, AC-113, nas cercanías do cruce coa que ven de Narón e nos arredores
da parroquia de Castro, pódense ver outras edificacións interesantes. Alí está o Pazo de Nelle, a Casona de Veran dos Pita
Romero e mailo Pazo Libunca. Este último, coñecido tamén como Chalet de Cabezas, de estilo modernista, ten un gran pórtico
con columnas neoclásicas, enfeitado con cerámica levantina, artísticos enreixados de ferro e orixinal decoración. O parque,
que loce unha bonita fonte, e un auténtico xardín botánico. Construírono os Montenegro en 1918. Baixando en dirección a Xubía,
veremos outras casas interesantes como a de Freire, e xa na Estrada de Castela a de Román, que evoca o estilo romántico francés
de finais do século XIX. Facendo o recorrido desta estrada cara Ferrol, iremos descubrindo casas como a de A Torre, con aires
de clásico pazo, torreón ameado e galerías mariñás. Logo un grupo de casonas de labranza, que conservan los enrexados de fierro
fundido do desaparecido pazo de Casal. Aínda poden atrae-la curiosidade do turista a Casa de Pedra de Grao, fronte o asilo de
Piñeiros, e en A Gándara o Chalet de Antón, acomodado como Casa da Cultura, a casona do militar Mankinlay, cuberta de hedra, e
no límite con Ferrol, o elegante chalet con pórtico de columnas, balconada e torreón aclépticos, ocupado polo colegio de Nosa
Señora do Chanorro.
|