Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Rutas Turísticas

RUTA DOS PAZOS E CASONAS

Pazo de Baltar
Pazo de Baltar

Chegada: A Gándara

Lonxitude: 25 Km. dous tramos

Duración: 8 horas

Interese: Paisaxístico-Arquitectónico

Dificultade: Baixa por tramos

22 casonas se distribúen ao longo dos 25 quilómetros desta rota, que resulta un tanto atípica, ao ter que percorrer grandes distancias para chegar dunha construcción á outra. De aí que sexa ideal para realizar en bicicleta. Cruzando o medio rural e a zona urbana, poderemos coñecer os grandes pazos e chalés de Narón, que nos transportaran a distintas épocas a través de estilos e liñas arquitectónicas diferentes.

Pazo de Libunca
Pazo de Libunca
Pazo de Libunca
Pazo de Libunca

Algúns lugares de interese:

Pazo-Convento de Baltar: construído como pazo no século XVI por gracia da derradeira marquesa de Lago-San Sadurniño, converteuse en convento cando a nobre llelo doou aos frades claretianos. Da súa data de creación só conserva hoxe en día dous grandes brasóns en cantería esculpida. Dentro deste edificio cómpre destacar outros dous monumentos: a Capela do Sagrado Corazón, que ten un retablo preciosista, e unha fonte de estilo barroco. A última reconstrucción do seu interior data de 1914 e dela temos mostras como as abondosas fiestras cadradas, a balconada ou os canzorros nos tellados.

Pazo do Vento: xunto ao muíño circular do Vento, atopamos este pazo. É unha construcción de pedras de cantería, que conta con gran profusión de detalles arquitectónicos no seu interior. Entre eles destacan unha gran escalinata de pedra e unha lareira típica. Detalles exteriores coma o hórreo de pilastras ou un gran pombal-merendeiro poligonal, aínda amosan a imaxe da fidalguía das xentes que o fixeron construír.

Pazo de Libunca: esta casona da Pena de Embade é unha construcción realizada pola familia dos Montenegro en 1918. Desa época mantén a súa decoración de liñas modernistas, con columnas e balconadas reberetadas de cerámica traída de Levante. O coñecido como chalet de Cabezas, que se convertirá próximamente nun hotel de luxo, tamén conserva as verxas de reixería, o pórtico de columnas neoclásicas e un minixardín botánico, no que se atopa unha bonita fonte de cerámica.

Pazo de Libunca
Pazo de Libunca
Casa da Cultura
Casa da Cultura

POR ONDE IR

Comezamos este recorrido en Baltar, na estrada C-546, de Ferrol a Valdoviño, por Meirás. Alí, en Baltar podemonos achegar por unha pista hata o pazo, agora convento, de Baltar. Continuando po la carreteira C-646 en dirección a Ferrol, o chegar o límite do noso municipio, volvemos ve-lo pazo de Muíño do Vento. O edificio principal ten, ademais doutros detalles arquitectónicos interesantes, unha grande escalinata de pedra e unha típica lareira. O pombal, acomodado como merendeiro e tamén unha singular peza de desta mansión.

De pasarmos á estrada de Freixeiro Valdoviño-Cedeira, AC-113, nas cercanías do cruce coa que ven de Narón e nos arredores da parroquia de Castro, pódense ver outras edificacións interesantes. Alí está o Pazo de Nelle, a Casona de Veran dos Pita Romero e mailo Pazo Libunca. Este último, coñecido tamén como Chalet de Cabezas, de estilo modernista, ten un gran pórtico con columnas neoclásicas, enfeitado con cerámica levantina, artísticos enreixados de ferro e orixinal decoración. O parque, que loce unha bonita fonte, e un auténtico xardín botánico. Construírono os Montenegro en 1918. Baixando en dirección a Xubía, veremos outras casas interesantes como a de Freire, e xa na Estrada de Castela a de Román, que evoca o estilo romántico francés de finais do século XIX. Facendo o recorrido desta estrada cara Ferrol, iremos descubrindo casas como a de A Torre, con aires de clásico pazo, torreón ameado e galerías mariñás. Logo un grupo de casonas de labranza, que conservan los enrexados de fierro fundido do desaparecido pazo de Casal. Aínda poden atrae-la curiosidade do turista a Casa de Pedra de Grao, fronte o asilo de Piñeiros, e en A Gándara o Chalet de Antón, acomodado como Casa da Cultura, a casona do militar Mankinlay, cuberta de hedra, e no límite con Ferrol, o elegante chalet con pórtico de columnas, balconada e torreón aclépticos, ocupado polo colegio de Nosa Señora do Chanorro.


<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal