POR DONDE IR
Para coñecer todos estos monumentos de carácter etnográfico y relixioso, teremos que facer un longo percorrido por
toda a superficie do municipio. Seguiendo como sempre as proposicións de Alfonso Filgueira López no seu "Coñecer Narón
en nove itinerarios, comezaríamo-lo noso recorrido en Doso, preto da estrada de Ferrol a Ortigueira, C-641, á altura de
Vista Alegre. A iglexa de San Lourenzo de Doso se atópase en estado ruinoso, aínda que conserva da sua primitiva construcción,
quizais do século XVI, a bóveda de canón e maila torre do campanario, típicas do estilo rural galego. Atravesando o río
Xivia cara ó norte, en dirección de Pedroso encontramola capela de Nosa Señora da O, sinxela na súa construcción, pero de
grande devoción popular. A romaría da O, o segundo fin de semana de maio, convoca unha grande multitude de romeiros, que
acoden recordando vellas lendas e a intervención a Virxe en favor da chuvia nas longas sequías. No centro da poboación de
Pedroso, levantase a moderna igxesa que lembra co as súas lápidas na porta de entrada o esplendor do antigo mosteiro medieval.
No adro érgese un cruceiro con pousadoiro construído en pedra serpentina ou toelo das canteiras de Moeche.
Continuando po la AC-112 cara Castro e desviándonos en Vilallonte á dereita poderemos visita-la capela de San Vicente
de Placente, da que consta documentalmente que existía no século XVI, aínda fue foi profundamente restaurada modernamente,
cunha bonita espadana. Tamén ten un sinxelo e diminuto cruceiro no campo que a rodea. Non lonxe dela está a de San Estebo
de Sedes, de liñas sinxelas pero elegantes, con fachada e torre barrocas, e no interior un ben cuidado retablo e o
correspondente cruceiro no adro. Máis ó norte está a Feira do Trece, que ten a súa orixe na festa de Santa Lucía, o trece
de dicembro. O lugar, con lembranzas prehistóricos do pobo celta de Trasancos, foi cristianizado co a capela de Santa Lucía,
con posible referencia a un antigo culto á luz.
Preto do empalme da estrada AC-112 de San Sadurniño a Castro, vémo-lo templo parroquial de Santa María de Castro, que
está documentado, como outros do municipio, en épocas medievales, ainda que as suas construccións actuais non semallan ir
máis alá dos séculos XVII y XVIII. O cruceiro permanece mutilado. A iglexa de San Xiao de Narón, só ten como dato histórico
interesante o feito de ser ter construído no seu adro o Cocello de Narón, tal como indicamos na reseña histór.
Dende Castro podemonoss dirixir a Val pasando por Santa Margarida, antes de chegar á C-646 de Ferrol a Valdoviño. A
capela de Santa Margarida, do século XV, é unha das máis antigas do municipio. Aínda que algo deteriorada, conserva unha
bonita portada con arco conopial, de estilo gótico serodio, xabarín, símbolo totémico dos Andrade e un cruceiro antigo
coas imaxes de Cristo e de Santa Margarida, construído en p ou toelo das canteiras de Moeche. Seguiremos en dirección de
Valdoviño ata o cruceiro que nos indica a desviación a Baltar, onde se conserva ben coidado o convento-pazo do Mosteiro
de Baltar e unha moderna capela adosada ó edificio con escalinata, campanario e retablo neobarroco no interior.
Regresando cara a capital municipal, poderemos ver de paso algúns templos interesantes coma os parroquiais de Santa
María a Maior de Val e San Mateo de Trasancos, que conserva o nome da histórica terra de Trasancos, identificadas dende
as súas orígexes celtas co Concello de Narón. Non facemos referencia aquí á igrexa de San Martiño de Xuvia, pegada o
antigo mosteiro de O Couto, porque xa a describimos cando falamos dos mosteiros.
|