Algunos lugares de interés:
Pazo-Convento de Baltar: construído como pazo no século XVI por gracia da derradeira marquesa de Lago-San
Sadurniño, converteuse en convento cando a nobre llelo doou aos frades claretianos. Da súa data de creación só
conserva hoxe en día dous grandes brasóns en cantería esculpida. Dentro deste edificio cómpre destacar outros dous
monumentos: a Capela do Sagrado Corazón, que ten un retablo preciosista, e unha fonte de estilo barroco. A última
reconstrucción do seu interior data de 1914 e dela temos mostras como as abondosas fiestras cadradas, a balconada
ou os canzorros nos tellados.
Castro de Eiravedra:: é o castro prevalente de Narón. Domina a paisaxe e o territorio, desde o val de
Pedroso á ría de Xuvia e ata as terras de San Sadurniño. A súa forma é ovalada, cunha muralla no interior e un
terraplén cara ao exterior. Neste castro podemos atopar vestixios dalgunha vivenda, tamén de forma circular. Unha
mostra da magnitude e a relevancia estratéxica deste asentamento témola nas torres de defensa da entrada nordés e
na altura dos valados circundantes.
Monte de Nenos:: o monte de Nenos, na parroquia de Sedes, conserva os vestixios máis antigos do concello,
con máis de 3.000 anos de historia. O cemiterio prehistórico ten máis de 17 mámoas catalogadas, unhas das cales é
visible desde a pista que percorre a rota.
Muíño de Xuvia:: en 1858 era o principal muíño do país en capacidade de producción na súa clase. Recibía
o trigo en barcos do Báltico, de América e de Santander. Pero non acabou aí a súa contribución á economía da zona,
e anos máis tarde este muíño fariñeiro chegou a mover unha fábrica de papel, unha de tecidos e unha de laminados de
cobre. A posterior perda da súa importancia económica non lle restou nin un ápice da súa beleza, reflectida nunha
fermosa presa, recollida por un paseo de magnolios. A poucos metros desta fermosa estampa atópase o desaugadoiro do
río Xuvia na ponte dos Andrade, que serve como liña estremeira dos concellos de Narón e Neda.
Presa do Rei:: grandes árbores deitadas sobre a auga e corzos abeberando nas ribeiras do río Xuvia. Xunto
a esta paisaxe, a presa ofrece fermosas fervenzas, creadas no discorrer do río Grande cara á ría de Xuvia. A Presa
do Rei foi construída en tempos de Afonso XIII, para fornecerlle enerxía á Real Fábrica de moeda de Xuvia, e
actualmente é un dous lugares máis emblemáticos para os camiñantes que visitan Narón.
Mosteiro de O Couto:: aínda que non se coñece a súa orixe, nalgúns documentos do século X este mosteiro
cluniacense de Xuvia cítase como moi antigo. Xa por esa época era un dos máis importantes da comarca. A edificación
do actual mosteiro do Couto é obra de comezos do século XII, mercé a unha dozaón do conde de Traba realizada en
1137. Entre os seus grandes protectores hai que salientar o rei Fernando II de Galicia e León. Xunto ao mosteiro,
que está declarado monumento artístico nacional polo Ministerio de Cultura, atópase a igrexa de San Martiño, cunha
construcción actual que data do século XII, se ben a súa fachada e a torre son do século XVIII. A igrexa representa
un estilo arquitectónico propio dentro do románico galego. Ten tres ábsidas que culminan unha planta basilical de
tres naves e unha porta principal con arquivoltas. No seu interior existe unha tumba da familia Esquío e varios
cadaleitos de cantería no seu contorno.
|