Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN ASISTE Á PRIMEIRA ASAMBLEA DO EIXO ATLÁNTICO COMO MEMBRO DE PLENO DEREITO
Narón, 11 de Febreiro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Turismo, Mª Rodríguez Porto, asistiron o pasado venres 8 de febreiro á Asamblea Xeral do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, celebrada no Salón de Plenos do Concello de A Coruña. Os responsables políticos municipais destacaron a importancia desta cita, ó tratarse da primeira vez que Narón acude como membro nato, e cun equipo de traballo xa formado. O Eixo Atlántico ten aprobado, nesta xuntanza, un orzamento de 3,6 millóns de euros para este ano 2013 –dos que o 88% procede de fondos externos-. Nesta asamblea, analizouse o programa de actuacións previstas para este ano, reunidas baixo a denominación Eurorrexión 2020, e detalláronse os tres pilares para que as cidades sexan competitivas e poidan saír da crise: desenvolvemento inclusivo, desenvolvemento innovador, e desenvolvemento sostible. Ademáis, o Eixo Atlántico ten intención de optar ás axudas da Unión Europea para o período 2014-2020 para a innovación, sostenibilidade, eficiencia enerxética e cooperación transfronteriza. Esta entidade agrupa a 34 municipios de Galicia e Norte de Portugal, e representa a 7 millóns de habitantes. O Concello de Narón adheríuse ó Eixo Atlántico o pasado 1 de xaneiro de 2013. A súa incorporación permitirá ó municipio participar nos programas que se desenvolven a nivel comarcal e a nivel xeral, en temas coma a tecnoloxía, o turismo ou o medioambiente.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal