Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ORGANIZA UNHA 'CAZA DE LIBROS' PARA TODA A FAMILIA CON MOTIVO DO DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Se celebra o martes 2 de abril a partires das 18:00 horas.
Narón, 21 de Marzo de 2013.- A Concellería de Educación e Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de organizar unha actividade novedosa denominada “Bookcrossing”. Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, estase a promover unha recollida de libros para “liberar”. Para participar, cada neno/a pode traer xa á Biblioteca do Alto (ata o día 27 de marzo) un exemplar para liberar, e deberá incluir no libro unha folla cos seguintes datos: *Nome do neno/a *Autor/a do libro *Título do libro *E un pequeno comentario persoal sobre o libro (de qué trata, se é divertido, se lle gustou ou non, unha mensaxe aos futuros lectores…) Aqueles nenos/as que non dispoñan de ningún ou non queiran liberar un propio, poderán acudir igual á Biblioteca onde se lles facilitará un exemplar para poder participar na actividade. Unha vez recollidos os libros, o martes 2 de abril ás 18:00 horas na Biblioteca, terá lugar unha xuntanza coas familias na que se explicará qué vai pasar cos libros liberados e cómo pódense cazar outros. Cada neno/a decidirá cándo e ónde vai liberar o seu libro, pero sempre dentro do municipio de Narón. A caza de libros ou “bookcrossing” comezará unha vez que as familias se rexistren na páxina web habilitada para tal efecto e descubran onde hai libros liberados. Unha vez lidos, os poderán liberar xa pola súa conta no lugar que queiran. Ademáis dos libros aportados polas familias, a biblioteca liberará outro pequeno lote de libros infantís para ampliar as posibilidades de “caza”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal