Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROMOVE UNHA CAMPAÑA ESCOLAR PARA SENSIBILIZAR SOBRE OS PROBLEMAS DO ALCOHOL SOBRE A CONDUCCIÓN
Preténdese evitar que a mocidade consuma alcohol e conduzca ó mesmo tempo.
Narón, 2 de Abril de 2013.- O equipo de Educación Viaria do Concello de Narón (formado por Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, Policía Local e técnico de INEF, respectivamente) realizarán dende mañá a campaña escolar “Cando só un pouco máis é perigoso”, na que desenvolverán charlas e actividades en centros escolares de Narón para alertar ós mozos e mozas sobre o efectos de consumir alcohol sobre a condución. Esta campaña diríxese a nenos/as de Educación Secundaria (ESO), Bacharelato e ciclos de Formación Profesional (FP). O calendario de charlas previsto é o seguinte: -Colexio Ayala: días 3 e 4 de abril. -Colexio O Feal: días 8, 9 e 10 de abril. -Colexio Santiago Apostol: 15, 16 e 17 de abril. -Colexio Jorge Juan: 29 de abril. En tódolos casos, as charlas e actividades se realizarán en horario de 9:30 a 12:00 horas, no que se desenvolverán as seguintes accións: -Obradoiro sobre os perigos do trinomio alcohol+coche+fin de semana. -Cineforum sobre as campañas de Tráfico en diversos países e imaxes de accidentes reais onde o alcohol e drogas son as protagonistas. -Prácticas de condución nun simulador de condución de moto e ciclomotor. -Diversas probas con gafas de simulación de alcohol. As lentes de simulación de alcohol en sangue permiten experimentar, nun estado de sobriedade e de forma segura, como séntese un ao estar baixo os efectos do alcohol e realizar determinadas actividades, como recoller algún obxecto do chan, camiñar sobre unha liña recta ou conducir un coche. Estas gafas reproducen unha distorsión da realidade como consecuencia do consumo de bebidas alcohólicas, tales como distorsión visual, confusión, redución da visión periférica, e alteración da percepción. Empregaranse diferentes tipos de lentes de visión diurna e visión nocturna. Ademáis, o día 17 de abril ás 12:00 horas na praza situada detrás do Colexio Santiago Apóstol realizarase unha xornada práctica sobre esta campaña. Contarase coa colaboración da Autoescola Balocos, quen cederá vehículos nos que os alumnos/as deste colexio realizarán diversas probas de condución tanto con lentes de simulación de alcohol coma sen elas, sempre baixo a vixianza dos monitores.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal