Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE 8.000 KILOS DE ROUPA Á ASOCIACIÓN 'SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI'
Foi doada por veciños de Narón. A asociación obterá diñeiro coa reciclaxe destos artículos, para mercar alimentos e mediciñas con destino ó Sáhara.
Narón, 8 de Abril de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García, entregaron hoxe ós responsables da Asociación ‘Solidariedade Galega co Pobo Saharaui’ o material que foi doado nos últimos meses polos veciños de Narón, dentro da campaña de recollida e reciclaxe de roupa e calzado usados en beneficio do pobo Saharaui. A campaña segue aberta, e dende o seu inicio (decembro de 2012) ata hoxe, téñense recollido 8.000 kilos de material. Os artículos se reciclarán posteriormente, para a súa transformación noutros obxectos. O diñeiro procedente da venta deste material será empregado para mercar alimentos e medicinas con destino ó Sáhara. A recollida continúa nos baixos da Casa da Cultura de Narón –onde se atopa a Oficina de Participación Cidadá- posto que, segundo apuntou a asociación, precísanse xuntar 15.000 kilos de roupa. As persoas interesadas en colaborar poden depositar o material de luns a venres en horario de 10:30 a 13:30 horas, e as tardes dos luns de 16:30 a 19:30 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal