Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA (INE) RECOÑECE A NARÓN 39.428 HABITANTES
O Concello alega a esta proposta outros 209 habitantes, en base ó ficheiro padronal.
Narón, 10 de Abril de 2013.- O Instituto Nacional de Estatística (INE) ven de remitir ó Concello de Narón a proposta de cifra de poboación a 1 de xaneiro de 2013, na que se recoñecen 39.428 habitantes. Non obstante, o Concello de Narón xa enviou as alegacións correspondentes a esta cifra, baseadas no ficheiro padronal e que fixan en 39.637 habitantes a poboación de Naron. A resposta do INE darase a coñecer a finais de ano, coma ven sendo habitual. Aínda así, o crecemento poboacional de Narón continúa a ser unha constante nos últimos anos. Cabe lembrar que o INE recoñeceu con data de 1 de xaneiro de 2012 un total de 39.238 habitantes, o que supón –á espera da aprobación das alegacións- un crecemento mínimo de 190 habitantes no último ano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal