Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE 24 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA SITUADAS NA RÚA TELLEIRAS, EN XUVIA
Outros 11 pisos da mesma promoción serán entregados unha vez que os adxudicatarios confirmen o seu interese.
Narón, 12 de Abril de 2013.- O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) entregou esta mañá en Narón as chaves de 24 vivendas de promoción pública situadas na rúa Telleiras (Xuvia). No mesmo edificio quedan outras 11 vivendas vacantes, que se atopan en proceso de adxudicación posto que xa foron sorteadas entre os inscritos no Rexistro de Demandantes, estando agora á espera de que os adxudicatarios confirmen o seu interese (teñen un mes de prazo, dende o pasado 10 de abril). Dos pisos entregados hoxe, 19 foron adxudicados en réxime de alugueiro (cunha cota mensual de entre 62,29€ e 157,53€) e os 5 restantes foron adxudicadas en réxime de compravenda (con prezos que oscilan entre 40.703€ e 62.921€), en función da superficie da vivenda e dos ingresos dos familiares en ambos casos. Ó acto de entrega asistíu o director xeral do IGVS, Antonio Boné, quen estivo acompañado polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e por representantes dos grupos políticos municipais. O rexedor naronés felicitou hoxe ós adxudicatarios por un doble motivo: ter recibido por fin os seus pisos, e ser veciños de Narón. Polo momento, os garaxes destas vivendas están aínda pendentes de licenza municipal, pero o Alcalde quixo agradecer o esforzo que están a facer os técnicos de Urbanismo para adecuar canto antes estas instalacións á normativa actual.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal