Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A 4ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO 'XUVIÑO 2013' CELÉBRASE DO 14 Ó 16 DE XUÑO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Os Concellos de Narón e Neda comenzan as reunións preparatorias
Narón, 25 de Abril de 2013.- A Concelleira de Festas de Narón, Mª del Mar Gómez, reuniuse hoxe no Concello coa Concelleira de Turismo de Neda, Montserrat Rico, de cara á preparación conxunta da 4ª Feira do Viño “Xuviño 2013”, que se celebrará do 14 ó 16 de xuño no paseo marítimo da ribeira de Xuvia, que discorre entre ambos municipios. Nesta primeira xuntanza de traballo constatouse o interese dos bodegueiros por participar nunha feira que estase consolidando, a xuizo da elevada participación de público nos tres anos pasados. Así, a día de hoxe xa está confirmada a presenza de máis de 14 bodegas, e a presenza de máis viños brancos nas mesmas (en anos anteriores, os caldos maioritarios eran os tintos). O prazo de inscrición para as bodegas continúa aberto, e os interesados poden informarse no teléfono 630 37 27 71. A organización intentará superar non só o número de bodegas presentes, senón tamén a oferta gastronómica que complementa a Xuviño. Así, haberá –ó igual que o ano pasado- degustación de produtos gastronómicos típicos de ambos municipios: o pemento do Couto e o pan de Neda. Pero tamén se ofrecerán outras viandas, para degustar xunto cos viños. Ademáis, agárdase incrementar o número de visitantes de fora da bisbarra, para o cal se realizará unha promoción da feira noutras comarcas, de cara a atraer a máis público aínda. Para os máis pequenos, haberá un espazo infantil no que poderán divertirse mentres os maiores visitan a feira.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal