Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ UNHA NOVA EDICIÓN DOS XOGOS SOLIDARIOS DA ONG LENA
A 13ª edición celébrase o sábado 25 de maio a partires das 16:30 horas.
Narón, 22 de maio de 2013.- A ONG Lena, con sede en Narón, ven de convocar a 13ª edición dos Xogos Solidarios, que se celebrará o vindeiro sábado 25 de maio a partires das 16:30 horas na Praza de Galicia. En caso de choiva, as actividades trasladaranse á Casa da Mocidade (A Gándara). Con estos xogos solidarios, a ONG Lena pretende encher a Praza de Galicia de participación e solidariedade. Haberá xogos para tódalas idades: brilé, pano, chapa, corda, zancos, aros, carreiras de sacos, tiro de corda, baloncesto 3x3, futbolín, xogos infantís, e un obradoiro onde os nenos/as poderán construir o seu propio xoguete. Ao remate da xornada, previsto para as 19:00 horas, a organización entregará un agasallo a tódolos participantes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal