Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MINISTERIO DO INTERIOR ADXUDICA Ó CONCELLO DE NARÓN A ANTIGA CASA CUARTEL DA GARDA CIVIL DE XUVIA
O Concello abonará en varias anualidades un total de 158.680 euros pola propiedade do inmoble.
Narón, 22 de Maio de 2013.- O Ministerio do Interior acaba de notificar ó Concello de Narón a adxudicación directa da antiga casa cuartel da Garda Civil (situada na estrada de Castela nº 845-855, en Xuvia) pola cantidade de 158.680,56 €, correspondente ó importe de taxación do citado inmoble. Así, o Concello deberá realizar o ingreso do 25% do importe total (39.670,14€) en concepto de garantía e primeiro prazo, antes da firma da escritura por ambas partes -que se realizará cando o Ministerio indique a data para acudir ó Notario-. O resto do diñeiro abonarase en tres anualidades de igual importe cada unha. Cabe destacar que o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, realizou unha intensa negociación co Ministerio do Interior, quen inicialmente prantexaba a venta deste inmoble por un importe superior ós 800.000€. Esta cantidade foise rebaixando progresivamente grazas ós informes técnicos municipais aportados polo Concello de Narón, ata chegar ós 234.000€. E desa cifra deducíuse o coste do derribo do inmoble (de máis de 2.000 m2 de superficie e que presenta un estado ruinoso), ata baixar o prezo de venta ós 158.680€.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal