Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SINATURA DE TRES CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS DE NARÓN POR IMPORTE CONXUNTO DE 71.000 EUROS
O Alcalde firmou os acordos coa Agrupación Deportiva Náutico de Narón, o Club Cidade de Narón de Fútbol Sala, e o Club Tenis de Mesa Cidade de Narón.
Narón, 27 de Maio de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración en materia deportiva coas seguintes entidades deportivas naronesas: -Agrupación Deportiva Náutico de Narón (acudíu a súa presidenta, Mª José Suárez Sabín). Importe do convenio: 14.000 €. -Club Cidade de Narón de Fútbol Sala (acudíu o seu presidente, Miguel Angel Rodríguez Aneiros). Importe do convenio: 50.000 €. -Club Tenis de Mesa Cidade de Narón (acudíu o seu presidente, Fernando Montero Bellas). Importe do convenio: 7.000 €. O rexedor destacou a importancia de continuar apoiando ó deporte base dende a administración local, a pesares do difícil momento económico que estase a vivir en todo o país. “Dende o Concello de Narón seguimos e seguiremos apostando pola colaboración coas entidades deportivas, a pesares do enorme esforzo económico que temos que facer nas circunstancias actuais”, declarou José Manuel Blanco.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal