Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DAS 'BICIQUEDADAS' ORGANIZADAS POLA CONCELLERÍA DE TURISMO DE NARÓN
Convocaranse a través da web municipal de Turismo, e servirán para explorar e redescubrir os puntos de interese turística de Narón.
Narón, 28 de Maio de 2013.- A Concellería de Turismo de Narón, dirixida pola edil María Rodríguez Porto, ven de organizar unha campaña de turismo activo, dentro da cal propón a realización dunha actividade denominada Biciquedadas. Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer os diferentes puntos de interese turístico de Narón, e participar dunha actividade de turismo activo. O programa de Biciquedadas está dirixido a tódalas idades, resultando imprescindible para participar a bicicleta e o casco Para participar nas Biciquedadas é necesario consultar a páxina web de Turismo (www.turnanon.es) onde aparecerá a información relativa a esta actividade. Cada semana irase publicando nesta páxina unha fotografía ou unha pista dun punto de interese turística de Narón, e se citará ós participantes ese mesmo día nese lugar a unha hora concreta. Os inscritos deberán acudir ata alí en bicicleta, e os 50 primeiros en chegar recibirán unha gorra, a modo de agasallo. O primeiro punto ó que deberá acudirse desvelarase o día 20 de xuño na web e no Facebook de Turismo de Narón, e o segundo punto se comunicará o día 22 de xuño. En función do número de participantes, as Biciquedadas están previstas para os seguintes días: -22 de xuño ás 17:00 horas -23 e 30 de xuño ás 12:00 horas -6 de xullo ás 12:00 horas A Concelleira de Turismo convidou á cidadanía a participar nesta actividade “na que se unen o fomento da vida saudable e a potenciación do turismo activo”, comentou María Rodríguez Porto.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal