Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TURÍSTICA DA PARROQUIA DE O VAL
Os interesados en participar poden entregar un máximo de 3 fotografías, ata o día 17 de xuño, na Fundación Terra de Trasancos.
Narón, 31 de Maio de 2013.- A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, acompañada polo presidente da Asociación de Veciños ‘Os Irmandiños’ de O Val, Andrés López, e a xerente da Fundación Terra de Trasancos, Eugenia Méndez, presentaron hoxe en rolda de prensa o I Concurso de Fotografía da parroquia de O Val, cuxo obxetivo será mostrar a riqueza deste lugar, tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais ou festas populares. Este concurso enmárcase nas actividades para celebrar a Festa da Pena Molexa, que tódolos anos se recrea na tarde-noite de San Xoan, o vindeiro 23 de xuño. Dende a Concellería de Turismo estase a traballar para acadar a distinción de Festa de Interese Turístico Autonómico para esta celebración. “Queremos recuperar e potenciar as tradicións do noso municipio, e ademáis deste concurso fotográfico tamén queremos facer unha exposición con fotografías do século pasado da parroquia de O Val. Por iso dende aquí quero facer un chamamento ós veciños e veciñas de Narón que teñan fotos do século XX de O Val para que as cedan para poder organizar esta exposición”, sinalou María Rodríguez Porto. Respecto ó Concurso de Fotografía de O Val, nas imaxes que se presenten ó certame valorarase que sexa un lugar recoñecible. O prazo de presentación das fotografías comezará o luns 3 de xuño e finalizará ás 13:30 h do luns 17 de xuño. Poderán entregarse na sede da Fundación Terra de Trasancos (O Val), de luns a venres de 9 a 13:30 horas e de 16 a 20 horas, e os sábados de 9:30 a 13:00 horas. Cada participante poderá mandar un máximo de 3 fotografías. As fotografías deberán ser inéditas, en B/N ou en color, admitiranse retoques pero non montaxes nin superposicións. Non poderán ser manipuladas por programas de tratamento de imaxe nin ter sido seleccionadas ou premiadas en calquera outro certame ou concurso. Os participantes responsabilizaranse da súa autoría e orixinalidade, así como dos seus contidos que non poderán ser ilícitos, ofensivos ou discriminatorios, nin lesionar bens ou dereitos, incluídos dereitos de imaxe de terceiros. A organización do concurso resérvase o dereito a declarar deserto o premio se é o caso de que considere que o número de participantes ou a calidade dos traballos presentados non alcancen uns mínimos aceptables. Soamente as fotografías premiadas pasarán a ser propiedade da Asociación de Veciños de O Val. O resto das fotografías presentadas poderá ser utilizado pola asociación como considere oportuno, sempre e cando sexan para uso propio da asociación. En caso de cesión por parte da asociación de algunhas das fotografías a unha empresa ou organismo, farase constar sempre a procedencia de dito material e o seu autor, non podendo cobrar por dita cesión. O material non poderá levar logotipo nin anagrama do autor. A participación é de balde, non é necesaria inscrición previa e poderán participar tanto fotógrafos afeccionados como profesionais maiores de idade. As fotografías deberán ter unha resolución mínima de 1024 x 768 px., e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG. Forma de presentación: - Nun sobre pechado incluiránse os seguintes datos: nome do participante, DNI, dirección e teléfono de contacto. - No exterior do sobre figurará un pseudónimo cun máximo de 10 caracteres. - Todas as fotografías nomearanse como: pseudónimo X, sendo X o número de fotografía que se presenta. - Xunto co sobre dos datos persoais, as fotografías entregaranse: • nun CD etiquetado co pseudónimo • en papel fotográfico (tamaño aproximado 30 x 40 cm). No reverso da fotografía escribirase o pseudónimo e unha breve descrición do lugar onde foi tomada. Para calquera dúbida sobre as bases do concurso pódese chamar ao teléfono 676 141 715 ou na conta de correo electrónico ftt@cooperativaoval.com O xurado estará formado por: - Kiko Delgado, fotógrafo profesional de “El Correo Gallego” - María Isabel Luaces García, responsable de Comunicación do Concello de Narón - Andrés López López, presidente da Asociación de Veciños do Val - Eugenia Méndez Díaz, Gerente Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa do Val - María José Rodríguez Porto, Concelleira de Turismo O xurado seleccionará de entre todas as fotografías recibidas, as tres de maior calidade. Os premios non son acumulables polo que a cada autor soamente se lle poderá premiar unha das fotografías presentadas ao concurso. Os autores das fotos gañadoras obterán: - 1º premio: 300 € - 2º premio: 200 € - 3º premio: 100 € Unha vez rematado o prazo do concurso, as fotografías recibidas estarán expostas na páxina web de turismo do Concello de Narón www.turnaron.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal