Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
VENTA DE ENTRADAS PARA A FESTA DE EXALTACIÓN DO MARISCO 'ALTEADA' E PARA A FESTA DO PEMENTO DO COUTO
Consulte aquí a relación de sitios nos que se poden adquirir os tickets para estas citas gastronómicas, que se celebran o 14 e o 21 de xullo respectivamente.
Narón, 3 de xullo de 2013.- A Asociación de Veciños 'Altea de Xuvia', en colaboración co Concello de Narón, celebrará o domingo 14 de xullo a 10ª edición da Festa de Exaltación dos produtos da ría, coñecida como "Alteada". Nesta ocasión, o menú estará composto por: sopa de marisco, almejas a la marinera, paella de marisco, postre, café e chupitos. Os tickets poden adquirirse (ata o día 10 de xullo) no local da Asociación de Veciños de Xuvia, en horario de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas, ou ben chamando ó teléfono 981 39 35 61. O prezo das entradas é de 20 €, e o aforo aproximado é de 200 localidades. O xantar servirase entorno ás 14:00 horas, nunha carpa instalada ó efecto no paseo marítimo de Xuvia. A continuación, sobre as 16:30 horas dará comezo a sesión de baile coa actuación do dúo Karamba. Unha semana máis tarde, o domingo 21 de xullo se celebrará a 15ª Festa do Pemento do Couto,na explanada situada xunto ó local social municipal de O Couto. Os tickets teñen un prezo de 12€ e poden adquirise xa nos seguintes lugares: -Concello (3ª pranta): de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas. -Local Social Municipal de O Couto: de luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas. -Cooperativa de O Val (no horario de apertura habitual). -Mesón A Trasanquesa, en Sedes. O menú estará composto por: churrasco con pementos do Couto, pan, auga, viño e café ó tizón, e servirase entorno ás 14:00 horas. Por vez primeira, e para axilizar o servizo, os comensais non terán que facer cola para recoller o menú senón que haberá camareiros que o servirán directamente nas mesas. Por iso faise imprescindible adquirir os tickets con antelación (ou ben o mesmo día, no Local Social de O Couto) xa que serán necesarios para acceder á carpa na que se servirá o xantar. O aforo é de 500 persoas. Antes da comida e como é habitual, a Festa do Pemento do Couto se complementará cun programa de actividades culturais que se iniciará ás 12:00 horas cunha visita guiada ó Mosteiro do Couto, onde o historiador do Concello de Narón, Andrés Pena, ofrecerá unha completa explicación dos seus orixes ós asistentes. A continuación, ás 13:00 horas darase lectura ó Pregón a cargo dunha persoa destacada do ámbito cultural galego. Seguidamente, ás 13:30 horas se levará a cabo o Xuramento das Novas Damas e Cabaleiros que entrarán a formar parte da Orde do Pemento do Couto. Entregaránse tres insignias a tres persoas ás que se lles recoñecerá a súa traxectoria profesional, e que serán dadas a coñecer proximamente. Logo do xantar, á tarde haberá unha sesión de baile amenizada por un grupo musical. Ademáis, durante o día haberá un mercadiño e unha mostra de produtos do campo, e pola tarde (entorno ás 16:30 horas) se celebrará un concurso da cesta de pementos mellor presentada. A 15ª Festa gastronómica do Pemento do Couto está organizada pola AVV de O Couto, e o Concello de Narón (a través das Concellerías de Cultura, Turismo, Festas e Ocio, Feiras e Mercados, e Participación Cidadá) en colaboración coa Cooperativa do Campo de O Val.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal