Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EMERXENCIAS NARÓN LEVOU A CABO UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS EN COLABORACIÓN COA ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA
Narón, 3 de Xuño de 2013.- O Servizo de Emerxencias Narón ven de levar a cabo un Curso de Primeiros Auxilios, en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública, no marco dun convenio de colaboración entre o Concello de Narón e este organismo público. O seminario tivo lugar na Base de Emerxencias Narón (situada no polígono de Río do Pozo) os días 27 e 28 de xuño, e 1, 2 e 3 de xullo. O obxectivo deste curso foi dotar ós participantes de coñecementos en primeiros auxilios, e da conduta PAS (Protexer, Avisar e Socorrer) para posibilitar unha resposta eficaz á persoa accidentada antes da chegada dos servizos sanitarios e o seu traslado a un centro hospitalario. No Curso de Primeiros Auxilios participaron profesionais do Servizo de Emerxencias, voluntarios de Protección Civil e membros da Policía Local de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal