Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA 15ª EDICIÓN DO OENACH ATLÁNTICO DE SEDES
Esta recreación da vida nunha aldea celta celébrase os días 26, 27 e 28 de xullo na explanada da Feira do Trece.
Narón, 22 de Xullo de 2013.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, acompañado polas delegadas das concellerías que participan neste evento (Turismo –María Rodríguez Porto-, Participación Cidadá –Catalina García- e Festas e Ocio –Mª del Mar Gómez-) presentaron hoxe o Oenach Atlántico 2013, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de xullo na parroquia de Sedes. O responsable de Cultura destacou o papel do Grupo de Traballo de Sedes - auténticos artífices desta recreación do mundo celta- cuxos membros non puideron estar hoxe presentes na rolda de prensa. O Oenach é un lugar de encontro da comunidade territorial, onde se fai unha recreación da vida dos antigos celtas a través da súa gastronomía, artesanía, merdadiño, un museo castrexo, música, xogos rurais e carreiras populares, recreacións parateatrais, etc… Tódalas actividades realízanse na Campa da Feira do Trece (Sedes). Máis de dous centenares de veciños/as preparan durante seis meses os obradoiros, a campa castrexa, e as recreacións teatrais e simulacións vivas da vida na aldea castrexa, convertindo este evento nun exercizo de didáctica do patrimonio rural, cun interese turístico contrastado. O Oenach Atlántico acada este ano a súa 15ª edición e tal e como indicou o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, este evento non sería posible sen o esforzo que fai cada ano o Grupo de Traballo de Sedes para que todo funcione á perfección, a pesares de ter reducido o seu orzamento respecto a edicións anteriores a causa do difícil momento económico que estase a vivir. Dado que se trata dun evento único en Galicia, dende o Concello de Narón estase a traballar para que o Oenach Atlántico obteña o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego, tal e como comentou a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto. Tanto a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, coma a Concelleira de Festas e Ocio, Mar Gómez, fixeron un chamamento á participación cidadá nesta festa, que é un excelente escaparate para dar a coñecer as raíces culturais de Narón. PROGRAMA DO OENACH ATLÁNTICO 2013 Venres 26 de xullo: 22:30 horas: Recreación do renacemento do lume no novo solsticio, na aldea castreña. 22:45 horas: Noite de música galiciana, con instrumentos e cantigas tradicionais. Sábado 27 de xullo: 11:00 horas: Apertura da Campa da Feira, con: -Feira de Artesanía (con máis dunha ducia de constructores de instrumentos tradicionais musicais, xunto con outros artesáns galicianos). -Mercadiño Aberto (con todo tipo de produtos de interese doméstico e artesán, expostos en máis de 40 postos de mostra e venta). -Espazo lúdico (con inchables, camas elásticas, lanchiñas e xogos para nenos/as). -Obradoiro Gastronómico (cociña en vivo de porco celta, polo de Mos, coello do monte ó espeto, e braseiro de xurelo lañado). -Rueiro das Tres Cuncas e dos Tres Quitafames (con viños cosecheiros albariños, mencías e ribeiros, e xantares a prezos populares). 13:00 horas: Parada de Etnografía Musical na campa castrexa, co grupo “Alxibeira” do Padroado de Cultura de Narón. Mostra de traxes e danzas tradicionais. 17:00 horas: Obradoiro aberto de xogos populares. 22:30 horas: Noite do Castro (recreación teatral no Castro de Eiravedra, a cargo da Grande Compañía de Teatro Comunitario Aldeano de Sedes) e Entrega da Alfaia Castrexa a unha persoa senlleira da Terra de Trasancos. Domingo 28 de xullo: 11:00 horas: Recreación museística viva da Aldea Castrexa, con pallozas temáticas sobre canteiría, cestería, cerámica, tecido de alto lizo, coiro, ferreiría… Feira de Artesanía, mercadiño aberto, espazo lúdico, e rueiro gastronómico. 12:00 horas: Mostra de Cans de Palleiro, con exhibición de exemplares e adestramento. 13:00 horas: Recreación teatral na Campa da aldea castrexa. 13:30 horas: Parada da Banda Municipal de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón. 17:00 horas: Obradoiro aberto de xogos populares e rurais. 19:30 horas: Carreira popular do Castro de Eiravedra, aberta a tódalas idades (inscricións ata 30 minutos antes da carreira). 20:00 horas: Clausura do Oenach Atlántico 2013. Este evento realízase nunha parcela municipal de 30.000 metros cadrados de superficie, con pavillóns cubertos con 2.000 m2. Haberá servizos e aseos permanentes, e tamén servizos portátiles. Tamén se habilitarán 500 prazas de aparcadoiro, e haberá transporte público de autobuses de Ferrol a Sedes.
Descarga de archivos
Programa do Oenach Atlántico 2013
Tamaño:5,99 MB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal