Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN CELEBRARÁ UNHA NOVA EDICIÓN DO 'DÍA DA BICICLETA' O VINDEIRO DOMINGO 29 DE SETEMBRO
O Paseo Marítimo de Xuvia acollerá nesa xornada numerosas actividades, de caracter gratuito.
Narón, 18 de setembro de 2013.- O Concello de Narón, en colaboración con La Voz de Galicia e Radiovoz, organizarán o vindeiro domingo 29 de setembro unha nova edición do 'Día da Bicicleta'. Os interesados en participar deberán presentarse no Paseo Marítimo de Xuvia ás 10:30 horas. É imprescindible o uso de casco para realizar a marcha en bicicleta. A saída está prevista para as 11:30 horas, co seguinte percorrido: Paseo Marítimo de Xuvia, Rúa Marcial Calvo, Estrada de Castela (ata a rotonda da Ponte das Cabras), Estrada da Trincheira (ata a rotonda da Estrada da Gándara), Rúa Concepción Arenal (ata a rotonda de Juanito), Avenida de Castelao (ata a rotonda xirando á esquerda ata a Avenida do Mar), FE-11 dirección rotonda da Ponte das Cabras, Estrada de Castela (ata a Rúa Irmandade, en Xuvia) e Paseo Marítimo de Xuvia. As inscricións poden realizarse nos seguintes lugares: na delegación de La Voz de Galicia en Ferrol, no Concello de Narón, no Pavillón Municipal de A Gándara, en Bicimarket Narón (fronte a Alcampo Ferrol) e no lugar da concentración antes da saída. Haberá un servizo de catering, e mesas e cadeiras para xantar e descansar. Xa pola tarde, se organizará un completo programa de actividades: -Inchables. -Circuito de bicicletas "Bicimarket Narón". -Circuito de habilidade. -Demostración de extinción de incendios a cargo de "Emerxencias Narón". -Maratón de Spining (ás 15:30 horas) a cargo do ximnasio "Beni Gym". -Camión interactivo de Gadisa "Malo será". -Demostración canina do Tercio Norte. -Obradoiro de iniciación ó salto de Pértiga de "Ociosport Frouxeira". -Exposición de medios da Cruz Vermella.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal