Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XORNADAS DE DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO E ENTREGA DA DISTINCIÓN 'CASTREXA DE HONRA OENACH ATLÁNTICO 2013'
A campa castrexa da Feira do Trece albergará o sábado 12 de outubro estos eventos. A distinción de Castrexa de Honra seralle entregada a Elvira Fontán.
Narón, 10 de Outubro de 2013.- O Grupo de Traballo de Sedes, en colaboración co Concello de Narón, celebrará este sábado 12 de outubro os actos que tiña programados para o Oenach 2013 e que tiveron que ser suspendidos a causa do Loito Oficial, decretado tras o accidente de tren de Santiago, o pasado 24 de xullo. Estos actos retomaranse o sábado 12 de outubro, na Campa castrexa da Feira do Trece, na que se desenvolverá o seguinte programa: 16:00 horas: Apertura da xornada, coas seguintes actividades: -Cocedura aberta no forno comunitario da campa castrexa de empanada, bola de liscos, bolas na sartén. -Mostra da casa castreña nas pallozas da campa: vestimenta, utensilios, etc… 17:00 horas: Xogos rurais 18:30 horas: Audición musical da Banda de Gaitas do Padroado de Cultura. 19:00 horas: Representación teatral da obra “O castro no tempo” a cargo da Gran Compañía de Teatro Comunitario de Sedes. 19:15 horas: Acto de entrega da distinción “Castrexa de honra do Oenach Atlántico 2013” a dona Elvira Fontán Rico. 19:30 horas: Actuación etnográfica do Grupo de Danzas “Alxibeira” do Padroado de Cultura de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal