Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ASINA TRES CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ENTIDADES SOCIAIS
As beneficiarias son a asociación de Síndrome de Down "Teima", a asociación "Afaes Porta Nova" e a asociación "Aspanemi".
Narón, 15 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración en materia de Promoción Social, acompañado pola delegada desta concellería, Teresa Sabio. En representación das entidades asinantes, acudiron Patricia Serantes (presidenta da asociación de Síndrome de Down “Teima”), Felix Pena (presidente da asociación “AFAES Porta Nova”) e Monserrat Fraga (presidenta da asociación de pais e nais de nenos con minusvalía “ASPANEMI”). Os convenios teñen unha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2013) e contemplan as seguintes achegas económicas por parte do Concello: -Asociación Teima: 10.000 €. -AFAES Porta Nova: 7.000 €. -ASPANEMI: 1.500 €. Segundo indicou o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concello “foi capaz de conseguir, aínda nos peores momentos da crise económica, manter estes convenios. E xa podo adiantar que no ano 2014 como mínimo vanse manter as mesmas cantidades” sinalou o rexedor en relación ás axudas a entidades sociais. O convenio coa Asociación Teima permitirá continuar coa participación no Proxecto de Formación e Inserción Laboral Teima Down Ferrol (que esta entidade leva a cabo dende o ano 2002), dirixido a usuarios de Narón. Grazas a este convenio, o Concello ofrece a un usuario de Teima –co apoio dun preparador laboral persoal- a aprendizaxe na realización de tarefas dun posto de traballo determinado, que supoña unha motivación laboral e formación ocupacional, tendentes á súa incorporación ao mercado de traballo. No caso de AFAES Porta Nova, a colaboración consistirá no desenvolvemento de programas de atención a persoas e familias con enfermidades mentais, no ámbito da inserción sociolaboral e da formación ocupacional nas actividades de agricultura, xardinería e similares. Grazas a esta colaboración, AFAES realizará programas de alfabetización dixital e incorporación ás novas tecnoloxías para persoas e familias con enfermidade mental. Tamén ofrecerá formación profesional ocupacional para a inserción sociolaboral de persoas con enfermidade mental, e programas de programas de atención social e de inclusión social cos usuarios/as referidos/as. Por último, ASPANEMI desenvolverá un programa de actuacións en materia de promoción social, consistente nos seguintes servizos: desenvolvemento de programas de hipoterapia, aquaterapia, ocio e tempo libre, e cooperación social. Información e asesoramento ás familias das persoas afectadas, mediante un programa de apoio e respiro familiar. Colaboración e cooperación técnica co Servizo Sociocomunitario Municipal en accións e programas de información e asistencia para nenos con minusvalía ou familiares.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es