Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA PARA O MANTEMENTO DO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL
Este servizo municipal ubícase no entrechán do Concello, cun horario de atención ó público de luns a venres, de 9 a 14 horas. Pódese solicitar cita no INEM ou por Internet.
Narón, 11 de Outubro de 2013.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de anunciar a concesión por parte da Xunta de Galicia dunha subvención de 20.000€ solicitada polo Concello de Narón para o mantemento do servizo de Orientación Laboral. O coste total deste servizo municipal ascende a 37.386,62€ (a cantidade restante é aportada polo Concello) e está atendido por unha Técnico de Emprego, no entrechán do Concello. O horario de atención ó público é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Para acceder a este servizo, pódese solicitar cita previa na oficina do INEM de Ferrol ou por Internet na páxina do Servizo Público de Emprego: http://emprego.xunta.es/cmspro/contido O dispositivo de Narón está sendo un centro de referencia para a comarca de Ferrolterra, posto que cada vez atende máis casos complexos de difícil inserción e moitos deles procedentes doutros concellos, remitidos polo Servizo Público de Emprego Comarcal de Ferrol. Así, no ano 2011 o servizo de Información e Orientación Laboral atendeu a un total de 573 persoas, e no ano 2012 a cifra medrou ata 693 persoas –é dicir, 120 persoas máis-. Entre eses dous anos, o número de proxectos de inserción (IPIS) pasou de 43 a 63, cunha medra de máis do 33% de persoas atendidas. O Servizo de Información e Orientación Laboral tense convertido nunha ferramenta esencial e imprescindible para a localización de emprego e a formación profesional, ó ofrecer un conxunto de información e datos estratéxicos. Dende fai 13 anos, atende a persoas de toda a bisbarra de Ferrolterra, segundo direcione o Servizo Público de Emprego. De feito, estase a producir unha medra na atención a usuarios de fora de Narón, como reflicten os seguintes datos correspondentes ó ano 2013: o 30% das consultas atendidas no mes de marzo procedían da bisbarra, e en setembro este porcentaxe acadou o 51%. Na actualidade, este municipio ten 4.099 persoas en situación de desemprego, e dende o Concello de Narón téñense articulado tres dispositivos para prestar apoio a este colectivo: 1) O Servizo de Información e Orientación Laboral. 2) O asesoramento no autoemprego e o apoio na búsqueda de emprego en empresas. 3) O Plan Anual de Formación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal