Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E ASPANEPS ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA ATENDER A FAMILIAS E NEN@S CON PROBLEMAS PSICOSOCIAIS
A entidade recibirá 15.000 euros para levar a cabo programas de intervención social.
Narón, 24 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a representante de Aspaneps (Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais), Mercedes Fano Veiga, asinaron un convenio de colaboración en materia de acción social. Acompañándoos na firma tamén estivo presente a Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García. O acordo ten unha vixencia anual (2013) e o obxetivo do mesmo é o desenvolvemento dun programa de intervención social, a través dos proxectos de “Intervención Familiar” e “Intervención coa Infancia en Risco Psicosocial”. Así, a través deste convenio ofrecerase asistencia educativa a familias multiproblemáticas con dificultades para levar adiante a función socializadora dos seus fillos. Tamén apoiarase ás familias nos diferentes ciclos vitais polos que atravesan e nas etapas críticas do desenvolvemento do/a neno/a. Por último se levará a cabo unha atención socioeducativa a nenos/as con necesidades educativas especiais para a adquisición de habilidades e destrezas psicosociais que posibiliten a súa integración na sociedade. Aspaneps tamén comprométese a participar nos programas de educación familiar que se impartan en Narón. O Concello de Narón fará unha achega de 15.000 euros para levar a cabo as actuacións recollidas neste convenio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal