Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA (AGA) ASINAN UN CONVENIO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DIVULGATIVAS RELACIONADAS COAS ABELLAS
Narón, 14 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o representante da Asociación Galega de Apicultura (AGA) de Ferrolterra, Rafael Díaz, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de Medio Ambiente, acompañados polo concelleiro desta área, Manuel Ramos. O acordo non ten unha aportación económica específica, senón que consiste na financiación por parte do Concello dunha serie de actividades promovidas por AGA e cuxo custe aproximado ronda os 2.500 euros. Son as seguintes: - 4 Charlas técnicas: Calendario apícola, As abellas como bioindicadores da saúde do medioambiente, a Chegada da vespa velutina e os séus perigos, e Flora de interés apícola. (As charlas formaron parte do programa de actos da XII Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos) -Xornada técnica apícola dirixida por José Luis Rodríguez Basagoiti, apicultor profesional do País Vasco e Presidente da Asociación de Apicultores de Vizcaia (desenvolveuse o 17 de febreiro, na AVV do Alto). -Curso formativo “Técnicas de apicultura ecolóxica” (nivel inicial) de 80 horas de duración. Impartíuse nos meses de maio, xuño e xullo. -Curso específico de cría e selección de abellas, de 24 horas de duración. -Servizo de recollida de enxambres e avispeiros (tanto en instalacións municipais coma en inmobles particulares), mediante aviso á Policía Local.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal