O CONCELLO E A ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA (AGA) ASINAN UN CONVENIO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DIVULGATIVAS RELACIONADAS COAS ABELLAS
Narón, 14 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o representante da Asociación Galega de Apicultura (AGA) de Ferrolterra, Rafael Díaz, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de Medio Ambiente, acompañados polo concelleiro desta área, Manuel Ramos.
O acordo non ten unha aportación económica específica, senón que consiste na financiación por parte do Concello dunha serie de actividades promovidas por AGA e cuxo custe aproximado ronda os 2.500 euros. Son as seguintes:
- 4 Charlas técnicas: Calendario apícola, As abellas como bioindicadores da saúde do medioambiente, a Chegada da vespa velutina e os séus perigos, e Flora de interés apícola. (As charlas formaron parte do programa de actos da XII Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos)
-Xornada técnica apícola dirixida por José Luis Rodríguez Basagoiti, apicultor profesional do País Vasco e Presidente da Asociación de Apicultores de Vizcaia (desenvolveuse o 17 de febreiro, na AVV do Alto).
-Curso formativo “Técnicas de apicultura ecolóxica” (nivel inicial) de 80 horas de duración. Impartíuse nos meses de maio, xuño e xullo.
-Curso específico de cría e selección de abellas, de 24 horas de duración.
-Servizo de recollida de enxambres e avispeiros (tanto en instalacións municipais coma en inmobles particulares), mediante aviso á Policía Local.