Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FESTA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL, ORGANIZADA POR OITO ASOCIACIÓNS DE FERROLTERRA
Tivo lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, coa participación de máis de 100 persoas.
Narón, 11 de Decembro de 2013.- O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (A Gándara) acolleu na tarde de onte unha festa organizada por oito asociacións (Vida Activa, Teima, Cogami, Aspanemi, Chamorro, Aspanaes, Afaes e ASCM) con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade –3 de decembro-. Esta actividade contou coa colaboración da Concellería de Igualdade e Promoción Social do Concello de Narón. O programa de actos foi o seguinte: 17:00 horas: Lectura dos Dereitos Humáns e do Manifesto sobre a Discapacidade (aprobado por unanimidade no derradeiro Pleno Ordinario do Concello de Narón, celebrado o pasado 28 de novembro). 17:30 horas: Obradoiro de musicoterapia e baile. 18:00 horas: Espectáculo de Maxia. 18:30 horas: Merenda. O Manifesto sobre a Discapacidade está promovido por estas oito entidades sociais (Afaes, Chamorro, Aspanaes, Aspanemi, Cogami, ASCM de Narón, Teima e Vida Activa) e a través do mesmo os seus usuarios reclaman o seu dereito a estar incluídos no contexto no que viven e a ter unha boa calidade de vida. A pesar de ser persoas con diversidade funcional, saben que: son cidadáns de pleno dereito, queren participar da sociedade e da comunidade, teñen dereitos e obrigas, os seus dereitos están recoñecidos na Constitución Española de 1978 e no Estatuto de Autonomía de Galicia, a Constitución rexe para toda a cidadanía española calquera que sexa a súa condición, e os seus dereitos tamén están recollidos na Convención Internacional de Nacións Unidas sobre as persoas con discapacidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal