Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS PARA Ó CURSO 2014-2015
O Concello tamén mantén a convocatoria de solicitude de subvencións para asociacións e entidades municipais correspondentes ó ano 2014.
Narón, 10 de Marzo de 2014.- A Concellería de Ensino e Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, mantén aberto o prazo de solicitude de inscrición nas Escolas Infantís Municipais de A Solaina, Piñeiros e A Gándara, para o curso 2014-2015. As solicitudes poderanse retirar no Rexistro Xeral do Concello (en horario de 8:30 a 13:30 horas) e nas EIM. Unha vez cubertas, presentaranse -xunto coa documentación requerida- no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 31 de marzo. Por outra banda, a Concellería de Acción Social e Participación Cidadá de Narón, dirixida pola edil Catalina García, ven de anunciar a convocatoria de subvencións municipais 2014, por importe conxunto de 30.000 €. O Concello convoca axudas a asociacións e outras entidades de ámbito municipal, nas seguintes áreas: socioeducativa, sociocultural, igualdade, discapacidade, drogodependencia, infancia, inmigración e minorías étnicas, maiores, de prestacións de servizos locais básicos, participación cidadá, mocidade, medioambiental, e saúde. As solicitudes pódense presentar no Rexistro Xeral do Concello ata o 31 de marzo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal