Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMN@S DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CPI DE O FEAL VISITAN O CONCELLO DE NARÓN
Percorreron as dependencias municipais e charlaron co Alcalde, José Manuel Blanco.
Narón, 13 de Marzo de 2014.- Un grupo de 25 alumn@s de 6º de Educación Primaria do Centro Público Integrado (CPI) O Feal visitaron hoxe o Concello de Narón, para coñecer as distintas dependencias municipais e os servizos que se prestan nelas. Estiveron acompañados por dous profesores, e durante todo o percorrido tomaron boa nota das explicacións que lles ofreceu o persoal que traballa na administración local. Ademáis, foron recibidos no Salón de Plenos polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, quen lles explicou o funcionamento dos órganos de goberno e respondeu ás preguntas que lle fixeron os rapaces, na maioría relacionadas co seu cargo de rexedor. Así, o Alcalde aseguroulles que ocupar este posto supón “unha gran ledicia pero tamén unha enorme responsabilidade” que leva exercendo dende xaneiro do 2009. Outra das curiosidades á que respondeu foi a relacionada coa súa entrada en política, no ano 1983. “Vos aínda non habíades nacido porque sodes moi novos pero dado que nesa época había moitas necesidades por realizar, entrei primeiro na asociación de veciños de A Gándara, e de aí me propuxeron ir nunha lista electoral, e ata hoxe. Actualmente son o concelleiro que máis anos levo en Narón” lembrou José Manuel Blanco. Sobre o seu futuro na política, o Alcalde revelou que a súa intención é presentarse ás vindeiras eleccións municipais do ano 2015 “e posiblemente sexa a última lexislatura, porque hai que deixar paso á xente nova”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal