Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN PARTICIPARÁ EN EQUIOCIO 2014 CUN CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIAL E UN STAND DE TURISMO
Ademáis, Narón nomeará ó recoñecido peluqueiro Antonio Calvo coma Xinete de Honra 2014.
Narón, 28 de Marzo de 2014.- O Concello de Narón reforzará neste ano a súa colaboración co evento deportivo e lúdico Equiocio 2014, participando de xeito activo a través do Programa Municipal de Educación Vial, un stand de Turismo, e a presenza dun Xinete de Honra. Os detalles desta colaboración foron presentados hoxe en rolda de prensa polas concelleiras de Deportes e Mocidade, Natalia Hermida, e Turismo, María Rodríguez Porto. Así, o Concello de Narón este ano quere facer partícipes ás familias que acudan a Equiocio do programa de Educación Vial “Aprende Pedaleando”, promovido pola Concellería de Tráfico, dirixida por Guillermo Sánchez Fojo. Como se recordará, este programa municipal se leva desenvolvendo dende o ano 2008 nos centros escolares de Narón, ofrecendo educación vial a 4.000 nenos e nenas e, por extensión, ás suas familias. O programa foi recoñecido fora de Galicia co premio ‘Ponle freno 2010’ na categoría Junior, otorgado pola Fundación Mapfre en colaboración con Antena 3, premiando así o compromiso do Concello de Narón coa educación viaria dos escolares. A fórmula de aprendizaxe é sinxela: trátase dun circuito de educación vial no que os nenos e nenas aprenden as normas básicas de tráfico, disfrutando desta actividade educativa que tantos resultados positivos ten acadado. O mesmo circuito que percorre os centros de ensino de Narón, instalarase en Equiocio para servir de escaparate dun modelo formativo en educación vial. Este circuito contara con varios monitores para dirixir e ensinar ós nenos que queiran participar nel. Asimesmo o Concello de Narón aproveitará para dar a coñecer o seu patrimonio, as súas tradicions, os seus eventos culturales, deportivos e sociais a través dun stand de turismo de Naron, para difundir a riqueza patrimonial e paisaxística deste municipio, que é un gran descoñecido con moito que ofrecer. Narón contará ademáis en Equiocio 2014 coa presenza do estilista naronés Antonio Calvo, que será nomeado Xinete de Honra do Concello de Narón. A persoa que representará a este municipio é un profesional recoñecido a nivel nacional, que ten acadado dous premios Fígaro 2013 e está nominado ó premio ó Mellor Peluqueiro do Ano polo Club Fígaro. Tamén, coma ven sendo consume nos últimos anos, dende o Concello se enviarán entradas ós colexios dirixidas ós estudiantes de Primaria. En definitiva, preténdese que os veciños e veciñas de Narón se acheguen a Equiocio para disfrutar dun gran evento cunha beleza singular, asi como moitas actividades para compartir en familia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal