Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL GALEGA NO PAZO DA CULTURA
Trátase de 60 instrumentos feitos por alumnos/as dun Obradoiro, e poderán contemplarse ata o 22 de abril no vestíbulo do Pazo.
Narón, 7 de Abril de 2014.- O vestíbulo do Pazo da Cultura de Narón expón dende o pasado 1 de abril unha mostra realizada polos alumnos/as do Obradoiro de Construción de Instrumentos de Percusión Tradicional Galega, promovido polo Padroado de Cultura do Concello de Narón. Trátase dunha serie formada por 60 instrumentos (coma pandeiretas, bombos, tambores ou charrascos) creados a partires dun proceso de investigación, recuperación e restauración das raíces instrumentais da música tradicional galega. Son unha mezcla da sabiduría e a experiencia do alumnado de maior idade, e os proxectos máis innovadores dos alumnos máis novos. Entre os elementos máis destacados figuran un organillo restaurado polos alumnos e unha carraca de 2,5 metros de alto por 2,5 de ancho, en forma de cruz de San Andrés, similar á que existe na Catedral de Santiago de Compostela. Ademáis da recuperación artesanal dos instrumentos, os participantes neste Obradoiro aprenderon outros conceptos relacionados cos instrumentos, coma a afinación ou o acabado. En total participaron 50 alumnos/as repartidos en catro grupos, con clases de 3 horas semanais, durante un período de 9 meses (entre outubro ata xuño). A mostra poderá visitarse ata o vindeiro martes 22 de abril, no horario habitual do Pazo da Cultura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal