Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROMOVE UNHAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO MOSTEIRO DE O COUTO DURANTE A SEMANA SANTA
Permanecerá aberto ó público do 13 ó 20 de abril, en horario de 11 a 13 e de 16 a 19 horas.
Narón, 11 de Abril de 2014.- A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, presentou hoxe en rolda de prensa o programa de Visitas ó Mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto), que terá lugar esta Semana Santa. Trátase dunha serie de xornadas de portas abertas, entre o domingo 13 e o domingo 20 de abril (ambos incluídos), datas nas que estará aberto ó público o Mosteiro en horario de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas. “Queremos aproveitar o turismo que atrae esta bisbarra en Semana Santa para ensinarlles tamén esta xoia arquitectónica que temos en Narón”, indicou a edil de Turismo, lembrando que “en estas datas hai moita xente que ven porque por aquí pasa o Camiño Inglés e tamén o Camiño a San Andrés de Teixido”. A entrada ó mosteiro, que ata agora só abre en horario de celebración litúrxica, é de balde. O Concello editará un díptico informativo, que estará dispoñible nas oficinas de Turismo de Ferrolterra, no que os visitantes poderán recabar tódala información sobre o Mosteiro do Couto. A historia do Mosteiro de San Martiño de Xuvia: A súa orixe posiblemente se remonte ao século IV d.c.. Fálase de que entre os anos 380 e 390 existía unha ermida adicada á Santísima Virxe das Neves ou de Santa María, no mesmo lugar onde séculos máis tarde se construiría o mosteiro de San Martiño de Xuvia. Esta primitiva capela convirteuse en igrexa, e comezou a servir de igrexa parroquial a principios do século VIII, continuando coma tal igrexa parroquial do Couto ata o ano 1635, concretamente ata o 1 de abril, data na que, debido ao seu estado ruinoso, foi demolida sendo sustituída pola parroquial de San Martiño, templo que ata entón fora monacal. A partires desde momento a igrexa de San Martiño foi a única igrexa parroquial para tódolos veciños. Fundación: Algúns autores atribúen a súa fundación a un pequeno grupo de monxes portugueses que escaparon do mosteiro de San Martiño de Dumio, que sufría os constantes ataques dos mouros; atopando na ribeira do río Xuvia un lugar idóneo para instaurar un pequeno cenobio ou casa monacal ao que lle diron o nome de San Martiño en honor ao antigo cenobio que tiveran en Portugal. Éste sería o nacemento do mosteiro de San Martiño de Xuvia, no mesmo lugar onde estaba emprazada a ermida adicada á Virxe das Neves. No ano 789 dan comenzo as obras para a construción do primeiro complexo monacal benedictino dúplice; obra realizada baixo a proteción do rey D. Bermudo I. Este mosteiro facía, ás veces, as funcións de fortaleza ante os ataques reiterados dos exércitos africanas. Unha vez expulsados os mouros do val de Trasancos, reanudáronse as obras de reconstrución do mosteiro dándolle máis amplitude e suntuosidade ás vivendas e anexos monacais, e acentuándose tamén o seu carácter defensivo. No ano 867 serán os piratas vikingos e normandos os que ataquen o mosteiro; saqueado e destruido en gran parte, os monxes e monxas serán quenes terán que reparar e restaurar a igrexa e demáis dependencias monacais, coa axuda dalgúns nobles. A Igrexa Parroquial: A construción da actual igrexa románica deu comezo no século XII, no ano 1137, e rematou no século XVIII. A colocación, no ano 1782, da cruz sobre a torre e da campá grande, fundida en 1770, significou a terminación das obras. En 1847 colocaríase a campá pequena. A Igrexa de San Martiño ten unha planta rectangular, con tres naves ou espacios no seu interior. A porta de acceso é de estilo románico e se compón de dúas arquivoltas determinadas por baquetóns que arrancan dende o chan. No sentido das arquivoltas remata a porta ao exterior unha decoración de cadros e de semicírculos refundidos ou fincados na mesma pedra sucedendo o mesmo nalgúns ventanais ou ventás. A nave central está separada das naves laterais por pilares de planta cadrada e con columnas. Esta nave central é máis ancha que as laterais e nela está o altar principal. Os capiteis corresponden a diversos tipos e estilos e na súa maior parte reproducen palmetas, follas rizadas, trenzados, bolas, racimos, figuras antropomórficas e animais. As basas son moi variadas, e unha parte das mesmas atópanse afundidas no pavimento, tendo as máis visíbeis os plintos con axedrezaso e os seus ángulos decorados con bolas, garras ou cabezas de carneiro. O conxunto funerario: Na parte superior presenta a Coroa Real; na inferior un detalle do escudo de armas de Don Pedro Mourelle Mandía e Esquío falecido no ano 1593. Os restos de don Gonzalo Esquío e a lápida mortuoria que figurou sobre a sepultura do cabaleiro D. Rodrigo de Esquío, xunto co escudo de armas cos blasóns dos Esquío e dos Mandiá conforman un conxunto de grande importancia polo seu valor histórico e artístico. Cerra o conxunto unha lápida funeraria sen nome cuxa súa decoración se limita a unha Cruz de Malta e unha franxa que a bordea na súa totalidade. O altar de San Benito: Restaurado recentemente chama a atención pola cartela “ … en el 1745 el Papa Benedicto XIV tuvo la delicadeza de conceder al altar de San Benito de la iglesia de San Martín de Jubia INDULTO PERPETUO DE ALTAR PRIVILEGIADO y a toda la iglesia conventual y parroquial de San Martín también el entonces importantísimo privilegio de ser considerada como IGLESIA DE REFUGIO, el cual lleva anejo el derecho de Asilo”. No exterior a parte máis chamativa son os ábsides cos aleiros decorados con motivos en punta de diamante e sostidos por figuras diferentes e orixinais entre as que destacan mostruos alados, cabezas de touros, dragantes, cabalos e asnos, e outras moi orixinais nas que homes e nenos adoptan posturas casi imposibles.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal