Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN, SAN SADURNIÑO E AS PONTES CREARÁN UNHA COMISIÓN DE TRABALLO PARA ESTUDIAR ALTERNATIVAS Ó MODELO DE SOGAMA
Cóntase co respaldo dos municipios de Mugardos, Ares, A Capela, Cariño e Monfero. Intentase buscar un sistema de xestión e tratamento dos resíduos urbanos máis eficaz e sostible.
Narón, 4 de Marzo de 2014.- O Concello de Narón acolleu hoxe unha xuntanza de traballo entre representantes políticos municipais de San Sadurniño (representado por Secundino García, Alcalde), Narón (José Manuel Blanco, Alcalde), Mugardos (Xosé Fernández Barcia, Alcalde), As Pontes (Antonio Alonso Román e Antonio Castro, Concelleiros), A Capela (Manuel Meizoso, Alcalde), e Cariño (Ana Seixido, Concelleira). Non puideron asistir por motivos de axenda os alcaldes de Ares e Monfero, que escusaron a ausencia. Sen embargo, non acudiron os alcaldes do resto de municipios das bisbarras de Ferrolterra, Eume e Ortegal –todos eles do Partido Popular-, a pesares de estar convidados e incluso tendo previsto acudir algúns deles á reunión de traballo convocada en Narón. “Dende Narón e San Sadurniño partiu a idea de organizar esta xuntanza entre os 21 municipios das tres comarcas para analizar as posibles alternativas ó modelo de recollida de lixo de Sogama. E onte tíñamos confirmación da asistencia de algúns representantes de concellos gobernados polo PP pero ó final non asistiron” declarou o Alcalde de Narón. José Manuel Blanco indicio que a reunión de traballo de hoxe era tan só unha primeira toma de contacto, porque este tema non se pode resolver en cuestión de meses senón que require moito tempo, pero hai que ir dando pasos ó respecto. “Só se trata de estudar as diferentes posibilidades e intercambiar experiencias con outros concellos de Galicia e do resto de España, en relación co tratamento de resíduos” explicou o rexedor naronés. O seu homólogo de San Sadurniño explicou que, ademáis da suba do 34% que Sogama prevé aplicar ós concellos galegos –ó de San Sadurniño xa se lle ten aplicado neste recibo de abril- o modelo de xestión destes resíduos “xa está esgotado porque Sogama tan só recolle pero non está a tratar nin a reciclar o lixo, dado que o vertedoiro de Cerdeda está saturado” explicou Secundino García. En vista de que esta suba é inminente, o Concello de Narón terá que aplicala no recibo trimestral, para o cal tense modificado a correspondente ordenanza fiscal municipal. “Esta suba suporá un incremento medio de 3 euros ó trimestre, que o Concello non podería asumir por sí mesmo posto que son entre 200.000€ e 300.000€ máis ó ano” explicou o Alcalde de Narón. A este incremento habería que sumarlle a posibilidade doutra suba no ano 2015, o que convirte a Sogama nun modelo inviable. Por estos motivos, os concellos participantes na xuntanza e os que excusaron a ausencia (Narón, San Sadurniño, As Pontes, A Capela, Ares, Mugardos, Cariño e Monfero) acordaron hoxe a creación dunha comisión ou mesa de traballo, integrada por técnicos e políticos de Narón, San Sadurniño e As Pontes, para o estudo de alternativas á recollida e tratamento do lixo. Estes tres concellos encargaranse de analizar as posibilidades para crear un modelo máis eficaz e sostible económica e medioambientalmente. “Inicialmente esta comisión estará dirixida por Narón, San Sadurniño e As Pontes e conta co apoio dos outros cinco municipios pero estamos abertos á incorporación doutros concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal” indicou o Alcalde de Narón. “Queremos coñecer outros modelos e coordinarnos con outros grandes concellos de Galicia que tampouco están a favor de Sogama, como Lugo, Pontevedra, Vigo ou Ourense. Deste xeito poderíamos chegar a un entendemento ou unha alternativa” indicou o Alcalde de San Sadurniño. Para levar a cabo esta idea, os técnicos destes tres concellos reunirase proximamente de cara a valorar alternativas existentes noutros puntos de España. “A vida útil de Sogama está rematando e a Xunta deberá estar pensando en qué pasará cando finalice” declarou Secundino García. “Acordamos coordinarnos para traballar, sen votar a culpa a ninguén aínda que haxa responsables. E para iso, voltaremos a reunirnos no prazo aproximado dun mes, para ver cómo van os traballos dos técnicos municipais dos tres municipios sobre as posibles alternativas a Sogama” explicou o Alcalde de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal