Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTIDADES DE NARÓN PINTAN UN MURAL NO LATERAL DO AUDITORIO MUNICIPAL PARA SENSIBILIZAR SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO
Trátase dunha actividade promovida pola Concellería de Igualdade, para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Narón, 16 de Maio de 2014.- A Praza de Galicia acolleu onte, xoves 15 de Maio, un acto reivindicativo organizado pola Concellería de Igualdade, dentro da programación do 8 de marzo, Dia Internacional da Muller. Trátase dunha convivencia artística na que participaron diferentes entidades asociativas de Narón, confeccionando entre todas un Mural Conmemorativo, co fin de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de seguir traballando por conseguir plenos e iguais dereitos para mulleres e homes. O artista naronés Leandro perfilou o mural sobre unha das fachadas do Auditorio Municipal, e a continuación as entidades participantes encargáronse de darlle vida a través do color. A relación de entidades participantes foi a seguinte: -Asociación Mulleres Ferrerías (Xuvia) -AVV de San Xiao -AVV de Freixeiro -Asociación da 3ª Idade de Pedroso -Fundación ‘Terra de Trasancos’ (O Val) -AVV O Val -ASPANAES -Asociación Sociocultural de Minusválidos -Fundación Secretariado Xitano -AVV de A Solaina -AVV Virxe do Mar -Grupo de apoio á lactancia materna BBTTA -Asociación As Regueifas (O Feal)

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal